domingo, novembro 17, 2013

O gaseiro LNG 'Valencia Knutsen', o 158 buque, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa, anuncia a entrada na Ría de Ferrol este Luns 18 de Novembro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta

Tags


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 18 DE NOVEMBRO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA

O gaseiro LNG 'Valencia Knutsen', é un buque de grande porte, 290 m de eslora e 45,8 m de manga, 26,5 m de puntal e  de calado 11.95 m. Cunha capacidade de 173.410 m³ de GNL, moi superior á permitida na normativa da Capitanía Marítima do 27 de Abril de 2007, que puña o límite en 140.000 m³ como máximo. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 18 de Novembro de 2013. Esta entrada, supon xa a 158, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia dinste do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Hai máis dun ano que se dictou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.

  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de novembro de 2013 10:18
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon