Un accidente dun camión cisterna cargado con 20.000 quilos de gas natural licuado que viaxaba pola Autovía do Cantábrico, preto de Cadavedo (Asturias) foi a orixe dun suceso que obrigou a activar un plan de emerxencia especial por explosión durante dez horas. A autovía e a vía férrea estiveron cortadas de dez a oito da tarde, o que ocasionou retencións quilométricas. Foron dez horas de tensión.
Non houbo que lamentar danos humanos pero os habitantes que había nun radio de 600 metros en torno ao vehículo accidentado foron desaloxados das súas vivendas e trasladados a lugar seguro e o tráfico foi desviado pola N-632, o que provocou ao longo do día atascos e retencións.
A operación incluíu a instalación dun Hospital de Campaña e foi resolta por un técnico desprazado desde Cataluña.
Desde o CCE preguntámonos que se para un camión-cisterna precísase desaloxar un radio de 600 metros, ¿que distancia sería a adecuada ante un risco nos tanques de Reganosa, ou nos gaseros que a abastecen?
Galería de fotos de Bombeiros de Asturianas, no xornal asturiano "La Nueva España"
Máis información en: LA NUEVA ESPAÑA
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
7 decembro de 2013 18:00
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon