Por María Lapachet [*]
29.12.2013
Todas somos Mulleres Ve-la luz
Un grupo de mulleres galegas leva a frioleira de 20 días en folga de fame sen que a maioría dos medios de comunicación españois lle dedíque un mísero parágrafo.
Quen son as huelguistas?
8 mulleres galegas vítimas de violencia machista e abusos tanto por parte dos seus exes como por parte do sistema legal e xudicial que temos en España.
Por que fan folga de fame?
Porque o conseguido logo da primeira folga quedouse en papel mollado:
- "Nós pediamos a creación dunha Comisión de Investigación que revisase os casos de denuncia sobreseídos nos últimos cinco anos (...) Eles [a Xunta] aceptaro-no, pero logo crearon unha Comisión de Igualdade onde se tratan por encima os temas de violencia de xénero (...) Foi un engano: supoñía-se que íamos ter voz e voto nesa Comisión, pero quedouse en ir comentar as nosas queixas de cando en vez ao Parlamento"
- "O Parlamento galego e o Concello da Coruña comprometéronse a facer un seguimento dos nosos casos para evitar represalias, pero non foi así; houbo un asañamento brutal desde que abandonamos a folga"
Que ten que pasar para que poñan fin á folga de fame?
-"Que os gobernos tomen medidas reais: que creen unha Comisión que revise todos os expedientes dos casos sobreseídos de toda España, que son o 61%; que as nais deixen de ser condenadas por protexer aos seus fillos dos seus maltratadores; e que lle quiten a garda e custodia e a patria potestade aos maltratadores"
Por que é importante falar delas?
Primeiro e principal, para que estas 8 mulleres saiban que non están soas. Para que cando lles de a baixada no seu encerro saiban que hai (a) mulleres na súa situación que non teñen os seus ovarios que necesitan a súa axuda e (b) feministas comodonas [1] como a que subscribe que non ten estómago para facer unha folga de fame (é que non aguantaba eu nin medio día mireuste) e tanto as unhas como as outras agradecemos o que están facendo -que non é algo egoísta que fagan polas súas fill@s senón que afectará a todas as mulleres galegas que están sendo ou serán maltratadas.
Segundo, para que os seus maltratadores saiban que non están soas. Para que a partir de agora eses cabronazos o pensen dúas veces antes de volver maltratalas física, psicolóxica ou economicamente.
Terceiro, para meter presión, para que o concello e a Xunta cumpran co que lles prometeron.
Máis información:
http://www.asociacionvelaluz.es/
* 'Ve-a luz' continúa en folga de fame en Nadais
http://elprogreso.galiciae.com/nova/299620-ve-luz-continua-folga-fame-Nadais
* * Ve-a Luz volve á folga de fame contra a desprotección das vítimas de violencia machista
http://www.eldiario.es/galicia/Ve-a-Luz-desproteccion-violencia-machista_0_204030216.html
* * * Ve-a Luz volve ao xexún contra o ''silencio da violencia machista''
http://elprogreso.galiciae.com/nova/296361-ve-luz-volve-ayuno-silencio-violencia-machista
[1] díxeno unha e mil veces: é fácil ser feminista sentada cómodamente no meu salón ou metida na cama cunha caixa de galletas a man dereita e un vaso de Pepsi a man esquerda: xa me quixese ver eu nunha folga de fame nun local sen calefacción ou acampando diante do ministerio coa que está caendo na rúa.
Fonte: http://marialapachet.blogspot.com.es/
[*] Maria Lapachet, Córdoba 1978, lesbiana, feminista, escritora, tradutora e activista do VIH/SIDA e dereitos LGBT. Organizou o equipo Butch/Femme da Marcha contra o Sida (AIDS Walk NYC) e é co-anfitriona dunhas kedadas butch/femme (NYC Butch Femme Socials) en Manhattan.
marialapachet@yahoo.com
Web persoal:
http://www.marialapachet.com/
Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
29 de dezembro de 2013 23:00
http://espazoartabro.blogspot.com/
__________________
As compañeiras de Ve-la Luz levan desta volta 22 días en Folga de Fame, despois de ter pasado con anterioridade outros 30 días (entre o 11 de Outubro e o 14 de Novembro deste ano 2013).
Conta do evento:
https://www.facebook.com/events/746760068685878
Asociación Galega para a defensa de mulleres e niñ@s vítimas da Violencia de Xénero e/ou abusos. Membros da Movemento Grito en Silencio de ámbito estatal Teléfono: 633098277 .
No facebook:
https://www.facebook.com/velaluz.degenero
Web da Asociación Vela Luz:
http://www.asociacionvelaluz.es/
Canle:
http://www.youtube.com/user/velaluzgalicia
Enlaces relacionados:
- Despois de 30 días en Folga de Fame, 8 mulleres de Ve-la Luz comezaron hoxe unha nova Folga de Fame contra as represalias xudiciais por cuestionar a xustiza; a desprotección dos menores ante os seus agresores; a normalización social e mediática da impunidade; a corrupción e negocio en torno ás vítimas da violencia
- Comunicado
de Nadal das Mulleres de Ve-la Luz que levan 15 días en folga de fame,
despois de estar outros trinta, tan só 25 días antes
- Noticia que explica os motivos da folga de fame que comezaron as mulleres da Asociación Velaluz o pasado 14 de outubro http://www.publico.es/479275/encadenadas-a-su-pasado-y-al-laberinto-de-la-justicia
- Panxoliñas de Ve-la Luz: Que nada, nin ninguén che silencie! - Vídeo e moita solidariedade
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon