Por Manuel Cendán [*]
28.01.2014
En Ferrol hai un importante feixe de movementos sociais que ás veces enchen os baleiros –que as propias administracións van deixando– produto dos recortes, e pola falta de resposta axeitada das organizacións tradicionais.
A solidariedade, a pretensión dunha forma diferente de vivir e dun espazo para pensar e actuar, forma estes novos movementos. Mais, necesitan artellar as súas alternativas a ras do chan e levantar instrumentos válidos para a xente, fóra das canles formais actuais. Iso require ir ensaiando, non ter présa.
Levantar ese alternativa radical-democrática require sumar compromisos e impulsar a desobediencia organizada da cidadanía. Pero tamén confluír e interactuar coas organizacións políticas e sindicais da esquerda.
É dicir, necesitan ir ao encontro dunha vontade colectiva plural, que conforme unha nova cultura que pretenda a hexemonía social.
mcendan@gmail.com
Artigo publicado no xornal comarcal 'Diario de Ferrol'.
[*] Manuel Anxo Cendán Dopico, Ferrol 1967, activista social, sindicalista e militante político. É promotor e fundador de moitos proxectos altermundistas, culturais e sociais. Milita no PSdeG -PSOE desde hai máis de dúas décadas. Ten publicado innumerábeis artigos de actualidade en diferentes medios de comunicación. Manten un interesante e actualizado blogue persoal 'Bitácora do Nordés': http://nordes.wordpress.com/.
Conta no facebook:
https://www.facebook.com/letrasdecambio
Conta no twitter:
https://twitter.com/mcendan1967
_________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon