"A pegada dos avós"
Organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán AC, celébrase a presentación da longametraxe documental “A pegada dos avós”, dirixido por Xosé Abad. O acto terá lugar no salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, na Praza da Constitución de Ferrol, este Venres, 24 de xaneiro 2014, ás 8 da tarde. A entrada libre ate completar aforo.
O seu Director, Xosé Abad (O segredo da Frouxeira, Isaac, ...), volve a tratar o tema da Memoria Histórica, pero coa innovación de centrarse na mirada de sete mozos e mozas, que se achegan á Guerra civil e á represión fascista, facendo a súa propia investigación a través da escoita dos avós, pero non dos seus avós, senón de represaliados que eles mesmos escolleron.
Un proxecto innovador tamén porque “ante a gravidade da situación do sector audiovisual” emprega vías de financiamento a través do crowdfunding (aportacións desde 5 €).
www.apegadadosavos.com
Información baseada na enviada por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
20 de janeiro de 2014 11:35
http://www.fucobuxan.net/
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon