A pasada semana CCOO anunciaba distintas accións de protesta na provincia da Coruña, para denunciar a represión sindical a que se ven sometidos os delegad@s mais activ@s do sindicato nas tendas de MERCADONA.
Unha recollida de sinaturas e unha serie de concentración diante das tendas de Mercadona na provincia, como a de onte en Bertamiráns, serán as primeiras accións.
O Conflito en Mercadona.
Máis de medio centenar de persoas acudiron este sábado día 15 de Febreiro de 2014, no Mercadona de Bertamiráns (Ames) a concentración solidaria en defensa dos dereitos dos traballadores e da traballadoras en Mercadona.
A de Bertamiráns foi a primeira das concentracións solidarias baixo os lemas: "NON A REPRESIÓN SINDICAL EN MERCADONA", e "MERCADONA NON RESPECTA OS DEREITOS E A DIGNIDADE DAS PERSOAS".
Continuarán as concentracións nas tendas da provincia, así mesmo vai-se a comezar unha recollida de sinaturas en contra a represión sindical en Mercadona na provincia da Coruña.
APOIA, DIFUNDE, COMPARTE, UNIFIQUEMOS AS LOITAS, XUNT@S PODEMOS!, XUST@S PODEMOS!
Fotos da Sección Sindical de CCOO en Mercadona.
Información baseada na enviada por:
SECC. SIND. MERCADONA CORUÑA SECC. SIND. MERCADONA CORUÑA
-mercadona-coruna@galicia.ccoo.es-
16 de fevereiro de 2014 17:08
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon