Nova Denuncia do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ante Fomento por tráfico ilegal de gaseiros
O CCE, prantexou denuncia ante a Ministra de Fomento, pola entrada ilegal dos dous últimos gaseiros, incumprindo a propia normativa da Auitoridade Portuaria, a saber: "Operación simultanea da descarga dos gaseiros con outros buques a menos de 200 m e falla dun remolcador de apoio".
O escrito citado solicita as seguintes aclaracións:
- Por qué se incumpre a exixencia da presencia de remolcadores de apoio?
- Por qué non se respectan as distancias de seguridade especificadas?
- Por qué se permite a descarga simultánea dun gaseiro e un buque tanque, incrementando así os riscos propios de cada operación?
Escrito Denuncia:
S.ª D.ª Ana Pastor Julian (Ministra de Fomento)
Paseo de la Castellana, 67
28071 Madrid
Asunto: Nova Denuncia por incumprimiento das Normas de gaseiros cargados con GNL en Ríaa de Ferrol
Manuel Anxo Rodriguez Carballeira, con DNI ----, con enderezo a efectos de notificaciones en ----- (A Coruña), en nome e representación da "ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN" co número de NIF ----, integrada no COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, pon en coñecemento deste Ministerio:
Como continuación ao escrito da semana pasada e por segunda vez en menos dunha semana vólvense a incumprir as normas previstas para operacións con gaseiros cargados, tanto na distancia de seguridade a manter co gaseiro cargado respecto de calquera outro buque como a non presencia de remolcador de asistencia.É por todo iso que SOLICITO as seguintes aclaracións:
O día 21 de febreiro, sobre as 21:12 h (pleamar ás 20:24 h) atraca o gaseiro LNG JUPITER no peirao de Reganosa e abandónao -en operación nocturna- o 22 de febreiro ás 21:04 h (pleamar ás 21:26 h). O día 22 de febreiro de 2014 sobre as 06:00 h atraca o buque tanque/quimiqueiro TINA THEREZA nos peiraos de Forestal do Atlántico que abandona ese mesmo día ás 21:03 h. Durante o sábado 22, coincidiron ambos buques efectuando as súas operacións de descarga estando moi próximos entre si. Como xa indicamos en denuncia anterior, trátase do mesmo peirao, que limita coas dúas empresas.
Sobre unha fotografía obtida nese tempo e tomando como escala a eslora do gaseiro, de 289 m, a distancia medida entre o gaseiro e o buque tanque "TINA THEREZA" resulta ser de 160 m. Este último buque acabou a súa manobra de descarga á vez que o gaseiro e na súa manobra de desatraque, tanto o buque tanque como os remolcadores que o auxiliaron tamén estiveron a menos de 200 m do gaseiro.
Esta é a cuarta operación conxunta de dous buques, gaseiro en Reganosa e buque tanque en Forestal estando a menos de 200 m e ademais a Autoridade Portuaria/Capitanía Marítima segue sen esixir o preceptivo remolcador de asistencia ao gaseiro.
- Por que se incumpre a esixencia da presenza de remolcadores de apoio?
- Por que non se cumpren as distancias de seguridade especificadas?
- Por que se permite descárgaa simultánea dun gaseiro e un buque tanque, incrementando así os riscos propios de cada operación?
Á espera das aclaracións oportunas, atentamente.
---
- QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS PECHE XA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 13:51
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon