Esquerda Unida considera que prosegue a burla política co inicio da chamada” terceira fase do plan de barrios”.
Para o grupo municipal de Esquerda Unida todo segue igual: o señor Rey Varela co seu plan de barrios particular agora entrando nunha chamada terceira fase que é nin máis nin menos que o anuncio dunha longuísima campaña electoral financiada coa operación de enxeñería financieira consistente en deseñar un supostamente necesario plan de axuste para así xenerar superávit e ,agora, distribuílo por obras. Electoralismo e amiguismo.
Xa en setembro de 2013 e ao inicio dunha moi parcial actuación a propósito de terrazas “a dedo” o grupo municipal de Esquerda Unida denunciou que ao mesmo tempo que non se quería convocar as asembleas de barrio e o consello da veciñanza o concellerio Langtry declaraba nos corredores da casa do concello que el estaba en campaña electoral. Chusco, moi chusco, pero un verdadeiro adiantado. Agora o asunto xa toma visos de altura política e o señor Alcalde anuncia a terceira fase do plan de barrios. Certamente a produtividade do Alcalde da para moito e o que é mantemento ordinario vaise transformar, por terceira vez, en actuacións singulares, o que son obras a cargo do Urban, ou plan de obras da deputación, en audacia do goberno municipal e o que é desenvolvemento do plan de mobilidade en propostas innovadoras do concelleiro de turno.
Esta semana en Canido aconteceu o que xa se atisba vai ser moeda común: os representantes eleitos solicitan unha asemblea de barrio e o Alcalde, raudo, organiza unha “paralela” pero só para palmeros e como non sae ben , inmediatamente, unha reunión co asociacionismo porque, é evidente, hai reivindicacións e problemas que atender. A pregunta é: sabe facer algo o señor Rey fóra de foco? Pode organizar unha reunión de traballo sen presencia mediática?
O grupo municipal de Esquerda Unida aínda agarda ,con esperanza, como agardan os veciños e representantes nas institucións participadas que o Alcalde teña , aínda que sexa por inspiración divina, un soplo de altura política e inclúa no “plan-fase tres” información completa , detallada e unificada do conxunto de problemáticas que afectan ao conxunto da cidadanía: unha ordenanza de tráfico para toda a cidade, un plan integral de transportes públicos para toda a cidade, un plan de mantemento ordinario participado, un plan de mantemento de viais transparante e público etc.
Ferrol 1 de marzo de 2014
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
15403 - Ferrol
Telf: 981944035
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
1 de março de 2014 11:07
Bo día. Enviámosvos nota do grupo municipal de Esquerda Unida ante o anuncio do Alcalde e do PP do inicio da terceira fase do plan de barrios.Preparados. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación Consello Político Local
__________________
Foto: Daniel Alexandre no 'Diario de Ferrol' - O "paripé" por Caranza.
__________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon