domingo, março 23, 2014

Reflexión e ligazons, ... Por Daniel Melcón

"Instruídevos, porque necesitaremos toda a vosa intelixencia. Axitádevos, porque necesitaremos todo o voso entusiasmo. Organizádevos, porque necesitaremos toda a vosa forza". Antonio Gramsci.

Por Daniel Melcón [*]
23.03.2014


Como seguramente tedes comprobado hoxe, os medios de comunicación ao servizo do sistema, so falan das cargas policiais ó remate da multitudinaria manifestación de onte en Madrid, diminuíndo ou manipulando o feito mais importante: 2 millóns de persoas loitando pola súa dignidade baixo o lema "pan, traballo e teito". A manifestación tiña previsto rematar as 21:30h e aínda non eran as 20:30 cando os medios de represión ao servizo do poder comezaban as súas accións represivas. Non podemos permitilo, as persoas teñen que saber a verdade. Con isto non quero defender a aqueles que acoden ás manifestacións co ánimo de enfrontarse á policía, aínda que sexan provocados pola mesma policía. A mesma presenza policial moitas veces é unha provocación, mais non debemos morder o "anzol". Temos que ter serenidade para non caer nestas provocacións que o único que buscan e iso, provocar para que a violencia sexa a única información deixando de lado o verdadeiro obxectivo das protestas.

Onte en Madrid fixemos visible a firme determinación que temos como pobo na loita por unha sociedade mais xusta, igualitaria, participativa, solidaria e todos os adxectivos que queiramos. En resumo: unha sociedade do pobo e para o pobo, e con o pobo. Iso é a dignidade: o valor que temos como persoas, no senso no que podemos exercer a nosa liberdade e podemos tomar as nosas decisións.

Agora temos por diante o mais difícil: continuar a loita na nosa ben-querida Ferrolterra. Non vai ser doado, tod@s o sabemos. Hai moitas loitas encadradas en diferentes organizacións, moitas sensibilidades, moitas "mochilas". Mais si cada quen bota unha ollada na súa "mochila", pode ver que a maioría do "equipaxe" é común. So temos que deixar de lado un tempo as nosas inquietudes mais particulares e loitar xunt@s por conseguir aquelas que compartimos. Tempo haberá para conseguir "cada quen o seu". O inimigo non está o noso lado, o temos de fronte. Pido xenerosidade e lealdade co espírito das Marchas da Dignidade: unificar todas as loitas sen ánimo de protagonismo. A recompensa é mais grande do que podemos imaxinar e non falo de utopías. As utopías deixan de ser utopías cando son feitos. ¿Non era unha utopía que os negros e os brancos puideran viaxar xuntos nun autobús?. Agora, e grazas á loita, é un feito. E isto no aconteceu fai dous séculos: foi no século pasado, non fai nin cen anos. So coa firme determinación de unha maioría conseguiuse. Vivimos nunha sociedade onde so aqueles que nos rouban poden "viaxar no bus" en cómodos asentos. Os demais temos que viaxar, nesta viaxe que é a vida, en asentos de madeira, onde cada fochanca déixanos o corpo molido.

Tod@s temos que facer que a mensaxe das Marchas chegue até toda a cidadanía: a traballadores/as, a desempregad@s, a pensionistas, a estudantes, a dependentes, a hipotecad@s, a "pasotas"..., a esa "maioría silenciosa" da que queren apoderarse, e que chegue dunha maneira clara e nítida. Ten que chegar ao corazón de tod@s. Onte podíase escoitar "a ti que estás mirando, tamén te están roubando". E non so nos rouban os cuartos: róubannos a dignidade, o valioso do ser humano, que lle permite exercer a liberdade e tomar as súas propias decisións.

Moito ánimo. Onte so foi un pequeno paso nesta andaina até a conquista do noso presente e futuro. Xunt@s seguiremos na marcha da dignidade, porque somos persoas solidarias e xenerosas, e con un obxectivo común para mudar o sistema: pan, traballo e teito.

Saúde e moita forza.


Enlaces de interese.-

A Marcha da Dignidade do 22M nos outros medios:

[*] Daniel Melcón, e un dos máis de 3.000 traballadores do naval damnificados pola "reconversión silenciosa" dos estaleiros ferroláns, membro da #ColumnaCaranceira, participa na Comisión de Traballo da Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra.




Enviado por:
Inácio-Caranza
-inaciogz@gmail.com-
23 de março de 2014 22:23

 ____________

Asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego : http://marchasdadignidade.blogspot.com | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org

______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon