luns, abril 28, 2014

A Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública Galega e as causas do incremento das listas de espera


A Asociacion Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere denunciar, unha vez máis, o incremento das listas de espera en Galicia, consecuencia da política de recortes no gasto, actividade e persoal sanitario, que veñen desenvolvendo a Consellería de Sanidade coa escusa de facer fronte á crise e garantir o pago do rescate dos bancos e do endebedamento cos mercados de capitais.

1.- O número de pacientes en espera quirúrxica experimentou un incremento substancial desde o ano 2009, pasando de 34.403 a 38.106 pacientes (contabilizada na mesma data de 31 de marzo), o que supoñen 3.703 pacientes máis en espera de operación.

2.- No caso dos pacientes en espera quirúrgica de máis de 12 meses o incremento foi moito máis importante, pasando de 148 pacientes en 2009 a 833 en 2014 (un pouco maior que  na mesma data do pasado ano).


3.- En canto ao tempo medio de espera quirúrxica o empeoramento tamén foi importante, pasado de 71 a 83 días (12 días máis de espera media).


4.- Os tempos para realizar probas diagnósticas en Resonancia Magnética, intervencionismo vascular ou endoscopia dixestiva (por escoller algunhas das máis representativas) tamén experimentaron un importante aumento.

5.- Para rematar queremos denunciar, por enésima vez o escurantismo e maquillaxe das listas, dado que os chamados buzóns almacenan numerosos pacientes que non conta en situación de espera  e seguen sen publicarse os datos das listas non estruturais que segundo estudos da nosa asociacion, realizados nalgunhas localidades, poden supoñer tantos pacientes como os publicados.


Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública

26 de abril do 2014

Tno 669704177
--
Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
27 de abril de 2014 23:19
www.plataformadspferrol.blogspot.com
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon