A CIG fixo entrega o pasado 2 de abril no rexistro do Parlamento de Galiza máis do dobre das sinaturas necesarias, en concreto 31.232, para avalar a tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular sobre Medidas para o Crecemento Económico e a Creación de Emprego en Galiza. As/os representantes da central sindical chegaron á sede parlamentar en manifestación xunto cuns 1.500 delegados/as que partiron da Alameda compostelá tras reunirse en asemblea no Pazo de Congresos. Despois deste trámite, a ILP pasará a se debater na cámara.
Na súa intervención na asemblea de delegados/as o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, lembrou que con esta campaña preténdese “abrir o debate sobre o actual modelo económico de capitalismo neoliberal”. Un modelo que “xera un reparto desigual da riqueza e, polo tanto, un aumento das desigualdades sociais”. Por iso apostou por loitar por “conquistar un novo modelo de organización social e económica máis xusto e democrático, ao servizo dos intereses da maioría social, da clase traballadora”.
Chamou a atención, ademais, sobre a situación de Galiza e sobre o papel que xoga no Estado e na Unión Europea “como subministradora de materias primas, man de obra barata, recursos enerxéticos ou recursos financeiros” e concluíu que, ante isto, é necesario que a nosa nación goce de “soberanía política”.
- Video-reportaxe: 26 semanas de campaña en prol da ILP
- Video: entrega das sinaturas, asemblea de delegadas/os e manifestación
- Video-resumo das 100 medidas
- Documento das 100 medidas
- Crónica da entrega de sinaturas do 2 de abril
Confederación Intersindical Galega CIG
http://www.galizacig.com/avantar/
Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
cig-galiza@cig-galiza.org
7 de abril de 2014 17:36
_________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon