Hoxe, luns 16 de Xuño de 2014, ás 12 do mediodía, as Marchas da Dignidade Ferrolterra convocan unha rolda de prensa, na Praza de San Amaro de Ferrol, con motivo da acción popular e reivindicativa que vai ter lugar o vindeiro sábado 21 deste mes de xuño, baixo o lema 'Rodea o Parlamento'. Esta acción que terá lugar en Compostela, vai ter o acompañamento en todo o territorio do Estado, onde a maioría dos parlamentos serán por unhas horas, o símbolo que sinale que unha parte cada vez maior da cidadanía quere cambiar este sistema de democracia anoréxica e capitalismo viral.
Para explicar os obxectivos e desenvolvemento dos actos que van ter lugar o sábado 21X, e como se pode participar desde Ferrolterra, as Marchas da Dignidade celebraremos unha rolda de prensa nos contentores de lixo da Praza de San Amaro en Ferrol, como xá sinalamos, ás 12 do mediodía de hoxe.
Escollemos este emprazamento para facer visible unha realidade que cada día e cada noite, nesta cidade, marca a vida de supervivencia de moit@s dos nosos conveciñ@s.
Escollemos este emprazamento porque é aí, nos contentores de lixo a onde van cada día moitos dos nosos dereitos, dereito á sanidade, ao traballo, á vivenda, ao traballo...
Escollemos este emprazamento porque é aí, aos contentores de lixo, a onde a casta política envía as nosas opinións, os nosos votos, a nosa participación... a soberanía popular.
Escollemos este emprazamento, porque Ferrolterra coas políticas aplicadas polos partidos do sistema, obedientes á Troika, parece condenada a desaparecer dentro do contedor da pobreza, o desemprego e a emigración.
Ferrol, 12 de xuño de 2014
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
| Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
______________ ___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon