xoves, xuño 26, 2014

Hoxe 26 de Xuño convocada unha manifestación unitaria en Ferrol contra os recortes no cadro de persoal de Correos


Convocada manifestación en Ferrol o 26 de xuño contra os recortes no cadro de persoal de Correos
As traballadoras e traballadores advirten do empeoramento da calidade do servizo na cidade
A Plataforma de Carteiro/as de Ferrol convoca para o día 26 de xuño, ás 19:30 horas, unha manifestación contra os recortes no cadro de persoal. A decisión de convocar a mobilización chegou logo de que a principios da semana pasada se presentara na carteiría da Oficina Principal da cidade a “equipa de redimensionamento” do cadro de persoal.

Unha visita, denuncia Carlos del Río, da CIG-Correos, que se fixo “sen previo aviso e sen ter en conta a vontade negociadora dos traballadores e traballadoras que en asemblea tiñan demandado á Dirección de Correos unha xuntanza previa para falar da situación real do correo en Ferrol”.

Ante isto, “decidimos dar un paso adiante na acción reivindicativa, posto que creemos, e así o demostran os feitos, que a Dirección de Correos ten a intención de implantar un recorte de persoal brutal que vai a empeorar a calidade do servizo postal de tal xeito que será imposíbel cumprir cos prazos de entrega que marca a Lei Postal”, advirte.

Dende o colectivo de carteiro/as fíxose un chamamento á participación nesta manifestación para defender un “servizo de Correos público de todo/as e para todo/as”. Coincidindo coa manifestación iniciarase unha recollida de sinaturas para entregar á Dirección de Correos en contra dos recortes nesta cidade.

Fonte: Avantar.

______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon