Charla de Carlos Taibo
Mércores 18 xuño ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán terá lugar unha charla coloquio organizada por Union Libertaria coa participación de Carlos Taibo [*], escritor e profesor Ciencia Política e da Administarción na Universidade Autónoma de Madríd que leva o título "Repensar a anarquía" e na que dará unha visión da sociedade capitalista actual e dos problemas que se derivan da mesma. Tamén analizará as diferentes propostas que poden facerse dende unha óptica anarquista de cara á superación deste sistema que parece estar próximo a esgotarse e mesmo ao borde do colapso.
--
Unión Libertaria - unionlibertaria.org
Av Esteiro 10 baixo
Ferrol
Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
17 de junho de 2014 19:34
________
[*] Carlos Taibo Arias -Madrid 1956, é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, escritor e activista social, partidario activo do movimento polo "Decrecimento". Forma parte do Consello Editorial de "Sin Permiso" e "Altermundo". É experto en relacións internacionais, divulgador da idea e práctica do decrecimiento económico e analista e impulsor do movemento 15M.
[+ info]
Web persoal:
http:// www.carlostaibo.com
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon