MANIFESTO
O poder económico, e o xogo da especulación nanceira, provocou unha crise social, e económica, que deu lugar a que o noso país sofra uns niveis de paro e miseria que fan que unha gran parte da súa poboación non consiga acadar unhas condicións de vida minimamente dignas. Mentres esta ma a xoga coas nosas vidas, os poderes políticos actúan como sicarios ao seu servizo, no canto de defender ás persoas que están a ser víctimas desta gran estafa. As súas explicacións non son máis que excusas para impoñer medidas a prol dos poderosos favorecendo que poidan manter o seu status, no canto de loitar para que a ninguén lle falte pan, traballo e teito.
O parlamento galego e os demáis parlamentos de todo o estado español, foron secuestrados polas ma as nanceiras, e coa principal colaboración dos dous partidos maioritarios PP e PSOE, están a roubar o que é do pobo para entregalo aos bancos e ás grandes empresas, moitas das cales instalan portas xiratorias para sentar nos seus consellos de administración aos mesmos que as favorecen cando gobernan. Os parlamentos do estado non están ao servizo das persoas, non fan o seu labor de representar a vontade popular, só serven aos intereses do poder económico. É hora de devolver o poder ao pobo, é tempo de recuperar o que é noso.
Ninguén lexitimou aos partidos que gobernan para dar aos bancos preto de douscentos mil millóns de euros, ninguén lexitimou aos gobernos para que permitan que se desa ucen familias mentres os bancos dispoñen de milleiros de vivendas baleiras, ninguén os autorizou para facer pública unha débeda que era privada, ninguén autorizou ao “PPSOE” para que siga as indicacións da Troika, e ninguén autorizou a negociación dun tratado de libre comercio entre Estados Unidos e Europa que será un dos maiores ataques á democracia en toda a súa historia. En pouco tempo imos ver como pasan a formar parte de nosa dieta carnes hiperhormonadas e alimentos tranxénicos, e nin sequera nos deixarán elixir se queremos ese tratado que están a negociar de costas ao pobo. Cando o parlamento non cumpre a súa función, carece de leximitidade.
No Parlamento Galego, con nocturnidade e aleivosía, privatízanse servizos públicos esenciais, como a sanidade, servizos de emerxencia, educación, servizos sociais... Péchanse camas en hospitais, reducen persoal docente no ensino, privatizan servizos de rescate, dilapidan cartos públicos en obras inútiles e, en de nitiva, tómanse decisións que levan ás persoas do común a unha situación de miseria e exclusión social. As leis que fai no parlamento o Partido Popular, e antes o PsdG, non resolven os problemas do pobo, só buscan favorecer a grandes corporacións aínda que sexa a custa da vida digna das persoas. Un goberno que permite que a súa poboación pase penurias non é lexítimo, e o pobo ten dereito a rebelarse contra él, tal e como dí a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Tampouco nos dan respostas sobre o futuro que nos agarda. Se a única saída para ese 57% da nosa xuventude en paro é a emigración, se a clase traballadora ten que soportar unha baixada salarial tras doutra, recortes nas pensións ou limitacións nas prestacións por desemprego e aceptar calquera tipo de condicións laborais que propoña a patronal, ou se a recuperación pasa por eses datos do paro que mostran que o emprego que se creará será temporal e precario, daquela, non só nos abandonan, senón que tamén nos condenan. Déixannos sen traballo, sen casa, sen sanidade, sen pensións, sen estudos, sen futuro, sen vida!. E non podemos, nin vamos consentilo.
Por iso a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade está hoxe aquí, porque queremos simbolizar que o Parlamento Galego non está a representar o pobo, e somos o pobo os que vimos rodealo, porque nos pertence, é noso, e temos a obriga de protexelo porque tamén nolo están a roubar.
Loitamos polos nosos dereitos e seguiremos a loitar, mentres non consigamos cambiar un sistema inxusto e antidemocrático, e devolver o poder ás persoas, sometendo o poder político á vontade popular. Loitaremos sen descanso pola xustiza social, por ter pan, traballo e teito para todas e todos no noso país.
Santiago de Compostela, 21 de Xuño de 2014
#Marchas da Dignidade de Galiza
Correo-e:
galiciaenmarcha@gmail.com
Blogue Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon