Esquerda Unida fai un chamamento ao movemento asociativo, veciñal e á cidadanía activa en xeral para esixir que o PP poña as cartas enriba da mesa na revisión do PXOM | “Todos os problemas e conflitos derivados dun modelo de crecemento urbanístico obsoleto teñen que ser debatidos pola veciñanza” afirma Javier Galán | “Hai que desterrar a vella política do urbanismo, da xestión do público, dos servizos, non serven os modelos de construción especulativa do pasado”conclúe o portavoz do grupo ao mesmo tempo que anuncia xa alegacións ao plan especial de Ferrol Vello.
Ferrol, 30 de xuño de 2014. O grupo municipal de Esquerda Unida manifesta, novamente, a súa preocupación pola, máis que probable, dinámica de feitos consumados a propósito das decisión que se están a tomar con respecto da revisión do plan de urbanismo e que van conformar unha dinámica de feitos consumados de difícil. No fondo estamos perante un capítulo máis do mesmo: de costas ás posibilidades que outorga o regulamento de participación cidadá o PP está a propoñer unha revisión do plan de urbanismo agochando baixo fórmulas vacuas (“es una oportunidad”, “hay que adaptar el planeamiento a la realidad”...) o que xa se ve que vai ser unha nova volta de torca do modelo que nos levou á actual situación de ruína (e ruínas), de reurbanización descontrolada do medio, de aposta pola cidade dispersa , en crecemento continuo, e o seu corolario inevitable: o despoboamento e declive comercial da cidade e barrios tradicionais; da falta de servizos e solo dotacional nos novos asentamentos e nos barrios exteriores, da falta de trenzado e trama urbana entre barrios etc. Todo isto ten que ser debatido xa, na opinión de Javier Galán. Desde o primeiro momento no que o goberno municipal adoptou a decisión de iniciar o proceso que levará á revisión do plan deberían estar convocados os órganos de participación cidadá.
“Hai debates que teñen que darse agora, non no momento das alegacións cando todo estea cociñado. As vellas políticas e as vellas manobras deben ser desterradas para sempre da xestión e do planeamento urbanístico” conclúe o voceiro do grupo.
Por último o voceiro do grupo anuncia a presentación no momento da súa publicación inicial de alegacións ao Plan Especial de Ferrol Vello: “Por suposto a comezar por unha primeira que tamén repetiremos para a taxa de saneamento: non houbo nin información suficiente nin se garantiu un proceso participado; non vai con nós ese procedemento”. A maiores o grupo anuncia determinadas alegacións que afectan aos valores relativos ao modelo BIC, normas de uso que permiten unha excesiva proliferación de usos terciarios, e que indican por onde van ir os tiros para a revisión do plan en canto aos barrios tradicionais etc, ordenación do espazo público e mobilidade, a viabilidade económica do plan ou a (im)política de vivenda.
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
30 de junho de 2014 14:11
Achegamos nota de prensa do grupo municipal de EU sobre a necesidade de que o goberno municipal implique a cidadanía na redacción do PXOM. Un saúdo. Secretaría do Grupo Municipal
__________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Esquerda Unida
Urbanismo
O Grupo Municipal de Esquerda Unida contra unha revisión do modelo especulativo no PXOM
luns, xuño 30, 2014
O Grupo Municipal de Esquerda Unida contra unha revisión do modelo especulativo no PXOM
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, xuño 30, 2014
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon