Boa tarde a todas e todos,
Dende STOP Desafiuzamentos A Coruña queremos facer pública a situación dunha compañeira de trinta e tres anos que está en contacto connosco dende comezos de ano, e á que lle vén de chegar fai unhas semanas unha sentencia firme de desafiuzamento executábel en calquera momento.
Ela vive ca súa nai nunha vivenda sen contrato –situación legalmente denominada “en precario”[1]- e, a pesares de estar enferma de fibromialxia, é a encargada de coidar á súa nai as 24 horas –diagnosticada de demencia e trastornos psiquiátricos, e cun 65% de minusvalía-, polo que, inda se se lle dera a improbábel circunstancia de atopar traballo, tampouco se podería incorporar ao mesmo, xa que a súa nai depende totalmente dela -como confirma un informe expedido pola área de neuroloxía do CHUAC fai apenas unhas semanas-. A día de hoxe ámbalas dúas sobreviven como poden coa pensión de discapacidade da nai (365'90 €/mes).
Esta compañeira leva varios meses dando tódolos pasos posíbeis para evitar verse na rúa: mantivo alomenos catro entrevistas con Servizos Sociais –as citas concédense con tanto tempo de demora que non lle foi posíbel reunirse máis veces-; fai xa meses que pediu unha valoración de dependencia para a súa nai na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade -da que inda non lle deron resposta pese a urxencia do seu caso-; apelou ao Convenio entre Xunta, Concellos e Poder Xudicial testemuñando a situación de vulnerabilidade social que atravesa sen que a Consellaría de Benestar Social nin os Servizos Sociais do Concello deran resposta algunha ao respeito; solicitou unha vivenda social ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS-Xunta de Galicia) polas dúas vías existentes, a ordinaria e a directa, obtendo no primeiro caso unha resposta estándard confirmándolle a súa inscrición e, no caso da solicitude de adxudicación directa, carecendo inda a día de hoxe de resposta algunha pese a tela solicitado fai xa varias semanas e ter este procedemento a consideración de “urxente”.
Ademais, até o dagora a súa experiencia cos Servizos Sociais do Concello da Coruña e, concretamente, ca súa asistenta social de referencia, está resultando totalmente improdutiva e desgástante a nivel emocional, xa que apenas lle proporcionan información, non lle están prestando apoio e, pese a tratarse dos Servizos Sociais, non amosan ningún tipo de empatía coa súa situación, un escenario perfectamente correspondente ca deixadez e inoperancia que o Concello da Coruña amosa na súa xestión das garantías mínimas contra a exclusión social que vimos denunciando dende fai tempo, e tristemente acorde tamén cas máis de duascentas queixas sobre os Servizos Sociais galegos trasladadas o pasado ano 2013 ao Valedo do Pobo.
De feito, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña estamos asistindo con grande preocupación a certas reaccións do persoal dos Servizos Sociais, e temos a certeza de que esta grave circunstancia estase a dar con máis usuarias, xa que son varios os casos dos que nos teñen informado nas asembleas que o noso colectivo realiza periodicamente.
No caso desta compañeira, nunha grave situación de vulnerabilidade social recoñecida, a traballadora social asignada, en lugar de tratala como unha persoa con dereitos, está a exercer sobre esta muller unha posición de control e superioridade, actitude que revela unha total falta de profesionalidade por parte dunha persoa cuxa función é apoiar a quen se atopan en situación de vulnerabilidade social. Chegou a chamala por teléfono para reprendela e culpabilizala, e mesmo lle dixo que por qué non marchaba para Uruguay, país onde naceu, comentario que, canto menos, temos que cualificar de xenófobo.
Na actualidade, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña estamos apoiándoa e acompañándoa nos pasos administrativos que está a dar, e parte deste arroupamento é tamén visibilizar o seu caso, non só por ela, senón porque a súa situación é extensible ós milleiros de persoas que sofren a indiferenza da Administración á hora de garantir os seus dereitos. Cómpre lembrar que cada mes 150 familias galegas perden a súa casa, e que máis de 100.000 familias atópanse en risco de exclusión social ao teren a tódolos seus membros no paro -un 23,2% da poboación galega xa perdeu o seu traballo por culpa da estafa financieira auspiciada pola corrupción política-, ademais, segundo datos da Rede Europea contra a Pobreza, xa no ano 2011 case 700.000 galegas e galegos eran considerados persoas pobres, estando o goberno da Xunta do PP máis preocupado polos seus casos internos de corrupción que por atallar esta situación de emerxencia cidadá.
Onde está a Administración pública para facer fronte a esta gravísima situación social? Polo dagora a súa actitude ubícase nos axiomas da apatía total e as solucións miserentas. Iso si, cartos para as elites financieiras hai abondo, xa que segundo datos do Banco de España, dende o ano 2009 os Gobernos do PSOE e do PP derivaron 61.495 millóns de euros de cartos públicos para subministrar ás entidades bancarias que crearon esta crise, praxe antisocial na que persisten, xa que fai apenas uns días que o goberno do Estado do Partido Popular procedeu á maior venda dunha carteira de crédito hipotecario rexistrada até o momento en Europa. Mentras tanto, só nos primeiros tres meses de ano iniciáronse no Estado español 20.000 procesos de desafiuzamento no marco dunha lexislación urbanística totalmente abusiva condenada dende as institucións europeas.
A nivel local, na nosa cidade máis de 3.500 persoas son demandantes de vivenda do Insitituto Galego de Vivenda e Solo, sen que o Concello se inmute nin moito menos tome medidas para xestionar o parque de vivendas baleiras da cidade, que suma a escandalosa cifra de 20.000 -120.000 en toda a provincia-, ao tempo que non dubida en gastar en festas 22 millóns de euros, case 7 millóns máis que o orzamentado para Servizos Sociais. Por iso asistimos a situacións inhumanas, vergoñentas para un país que se diga minimamente desenvolvido a nivel social, nas que persoas como esta compañeira cuxo caso damos a coñecer hoxe, enferma e ca súa nai tamén enferma, estean a punto de acabar na rúa.
Esta muller está realizando un grandísimo esforzo para poder salvar a súa nai e a ela mesma de acabar nunha situación de total indixencia, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña instamos ás institucións locais e da Xunta a corresponder a esta compañeira asumindo a súa responsabilidade institucional, é dicir, mobilizando inmediatamente tódolos recursos posíbeis deste suposto “Estado de Benestar”.
De non ser así, o vindeiro mes de setembro o goberno corrupto do Partido Popular da cidade da Coruña voltará ser coñecido novamente en todo o Estado por engrosar a súa lista de despropósitos antihumanitarios, encetado co desafiuzamento da anciá Aurelia Rey no marco do mobbing inmobiliario e a lacra de exclusión clasista urbanística coñecida como “xentrificación”, e continuada ca militarización das rúas para botar do seu fogar a unha muller con tres fillos e fibromialxia, como foi o caso de Elisabeth Sanlés.
Moitas grazas pola vosa atención
[1]Denomínase “precaria” aquela situación de feito que implica a utilización gratuita dun ben alleo, inda que se atope a falta de título que xustifique o goce da posesión.
Saúdos e que teñades moi boa xornada,
STOP Desafiuzamentos A Coruña
--
@desahuciocoruna
Blog: stopdesahuciosacoruna. blogspot.com
Facebook
---
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
||||||||||||||||
Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
22 de julho de 2014 23:25
_____________________

Blog: stopdesahuciosacoruna.

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon