Adega, Anova-IN, BNG, Esquerda Unida, Galiza Nova, Asociación Veciñal Piñeiro, SomosCedeira e todo aquel que sinta que deba facer algo a prol do rio, ria e praia de Cedeira, convocamos a concentración cívica para o vindeiro Domingo 10 de Agosto as 12:30hs na Ponte Nova.
Bolas, merda e graxa rio e praia de Cedeira Xullo'14 from Somos Cedeira on Vimeo.
A xente que ía e viña polas pontes ficaba abraiada. O río Condomiñas color merda, como que merda era a que baixaba e se espaballaba pola ría ata San Isidro. Chamamos ao 112, á Garda Civil etc… dixeron que todo estaba controlado, que era unha avaría (perdimos a conta das supostas avarías) da depuradora que non depura, pero pola que pagamos incluso a “limpeza” da auga que non consumimos. Non é de tolos, non, e de LADRÓNS cobrar por servizos non prestados. As cousas claras.
Algún veraneante achegouse a nós para advertirnos, na beira do mar, que tivéramos coidado con pisar esas bolas de merda e graxa… démoslle as grazas polo aviso e dixémoslle que levamos moito nesta loita. Que mentres un queren agochar a merda até que estoupa, nós queremos amañar os problemas, comezando por investigar dende o principio que pasou con esa depuradora, totalmente insuficiente para as necesidades de Cedeira… e xa nos chegaron comentarios fiábeis, e desacougantes… máis de mesmo, máis merda, neste cazo (si, cazo), posiblemente haxa máis merda que no río. Para sair de dúbidas, investíguese.
Bolas, merda e graxa rio e praia de Cedeira, en pleno comezo do verán de 2014
É tan indignante e sobran os comentarios.
Agardamos que as forzas de seguridade e de control ambiental e sanitario, así como as fiscalías actúen contra este FLAGRANTE DELICTO AMBIENTAL que non pode quedar impune unha vez máis.
Ou é que o desleixo da administración está por riba das leis…?
Máis info en:
somoscedeira.wordpress.com
Información baseada na enviada por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
1 de agosto de 2014 11:33
_______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon