Continuamos preparando a marcha até o 29N, unha nova Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrol Terra, vai ter lugar este mércores, 24 de Setembro, no Ateneo Ferrolán, mais desta vez está convocada para as seis e media da tarde. Non faltes, organicemos o combate contra a pasividade, organícemo-nos para mobilizar e concienciar, co obxectivo dunha sociedade máis xusta e igualitaria, acabar coa pobreza e a violencia, polo "pan, traballo e teito".
Á rúa que xa é hora ! Si se pode!
XII asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra
A nova Asamblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, terá lugar o mércores 24 de Setembro de 2014, ás 18:30 no Ateneo Ferrolán.
Ademais de convocar a todas as persoas interesadas a titulo particular, facemos un chamamento á asistencia de todas aquelas asociacións, organizacións, partidos, etc ... adheridos a este movemento, xa que se debaterán puntos fundamentais sobre a mobilización que se planea celebrar o vindeiro 29 de Novembro en Santiago de Compostela.
Os puntos a debater serán os seguintes:
- Elección de moderador.
- Proposta de engadido ó manifesto redactado para a mobilización do 29-N. Punto non resolto na anterior asemblea. Volvo a incluír o texto da proposta de Alberto Espiñeira.
Podedes acceder ó manifesto na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/document/d/1AzGFgvOnWGhzkklWoRtUFs_q0D1V5KTMQTfopVlZbsg/edit?usp=sharing
Versión curta.
A engadir despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil. Un paro que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro.
Versión longa.A engadir tamén despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil. Un paro que é unha negación do dereito ó traballo, e que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro, e iso é unha decisión política, o repartir as cousas de isa maneira.
De novo o paro é outra estafa, nos medios de comunicación dise que a economía ten que medrar por riba do 2,5% para que se xenere emprego, e polo que se ve, se non hay crecemento ten que haber xente que non teña nin pan, nin traballo, nin teito, nin a dignidade que iso conleva.
E podemos facer a seguinte reflexión, ¿non será que o problema está no reparto que fan da riqueza, e de como manexan a mesma para someter a xente?, pero non, botanlle a culpa a un parámetro económico, que lle chaman o 2,5 %. - Horario da manifestación do 6N: introducido a proposta de Alberto Espiñeira. Parécelle moi cedo as 18:00h para que participe a xente que está traballando.
- Evolución das tarefas definidas para o 29N, e asignación de novas tarefas.
- Temos pendente de asignar responsables para as seguintes tarefas:
- Transporte a Santiago o día 29 de Novembro.
- Establecer contactos con Somos Maioría, Marea Ártabra e outras novas formacións políticas.
- Temos pendente de asignar responsables para as seguintes tarefas:
- Rogos e preguntas
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA !!!
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon