As Marchas da Dignidade seguen camiñando até acadar os seus obxectivos baixo o lema 'Pan Traballo e Teito'. Hoxe tivo lugar unha Rolda de Prensa na Praza do Obradoiro que vai ser o escenario da mobilización do vindeiro 29N 'Ocupemos o Obradoiro. Precedidas polas mobilizacións simultaneas nas sete principais cidades galegas o 6 de Novembro. As citas son en Ferrol, A Coruña, Compostela, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense. Mais antes este venres 24 de Outubro, organizada polas Marchas da Dignidade de Asturies vai ter lugar en Uvieu un encontro e mobilización co nome de 'Somos Reais', coincidindo coa entrega dos premios Príncipe de Asturias. Esta mobilización de Uvieu está apoiada pola Asemblea Estatal. A continuación, polo seu interese, transcribimos a nova da rolda de Prensa publicada no xornal dixital 'Praza Pública'. Enlazamos cun importante artigo, no xornal Público' onde se anuncia a grande mobilización que vai ter lugar o 29N en todo o territorio do polo de agora Reino de España. e por último achegamos unha nova onde se informa sobre a retransmisión en directo dos actos e mobilizacións de Asturies do 24O, por parte de Radio Kras.
O 22-M volve con forza para encher o Obradoiro o 29-N
Rolda de prensa para presentar o 29-N
Logo da exitosa convocatoria do pasado 22 de marzo en Madrid, onde centos de milleiros de persoas chegadas de todos os puntos do Estado relcamaron "pan, traballo e teito", a Columna Galega das Marchas da Dignidade volverase mobilizar o vindeiro sábado 29 de novembro en Compostela. Insistirán nas reivindicacións "máis presentes que daquela" baixo o lema Ocupemos o Obradoiro e coa intención de encher a praza e as rúas unha vez máis.
"Temos que enfrontar o desemprego, a inxustiza e todas as secuelas que sofre a clase traballadora""O desemprego, a inxustiza e todas as secuelas que sofre a clase traballadora e os sectores populares temos que enfrontalas, polo que imos estar na rúa de forma masiva", asegurou Manuel Camaño, un dos voceiros da Columna Galega, que presentou as protestas este mércores no Obradoiro. Os participantes na marcha volverán chegar desde varios puntos de Galicia para reivindicar "pan, traballo e teito". "Aí está todo: temos dereito a unha vivenda digna e a que a barbarie non nos desaloxe dela; temos dereito a traballar con dignidade e non na precariedade e a escravitude; e tamén temos dereito a comer", lembrou Camaño.
A Columna Galega ve nesta manifestación, e logo do éxito do 22-M, un novo paso para "acabar" co actual réxime "vinculado ao modelo social do campitalismo". "Sabemos que non hai marcha atrás no reloxo do capitalismo e, polo tanto, entendemos que si é posible un sistema de xustiza social no que teñamos cabida todos", engadiu, tras facer referencia ao manifesto que abrangue a todos os colectivos que apoian as Marchas e nas que se acusa os gobernos europeos de "mentir, estafar e roubar", así como de "tomar medidas contra as persoas" en beneficio das "grandes corporacións que despois lles facilitan un cómodo retiro".
As Marchas da Dignidade ven nesta manifestacón un novo paso para "acabar" co actual réximeÁ protesta do 29-N únense cada día máis colectivos -os últimos a Marcha Mundial das Mulleres ou A Ría Non se Vende-, ao igual que tamén continúan a crearse plataformas de apoio ás Marchas da Dignidade por distintas localidades do país. En Redondela, Lugo, Ponteareas, Ourense, O Barco, Monforte e Baiona creáronse novas asembleas ás que se unirán Nigrán, O Porriño, Gondomar e Sarria, ademais das xa conformadas desde hai meses.
Manifestacións este 6 de novembro nas sete cidades galegas irán preparando o camiño para o 29-NTodas elas, e de cara á mobilización do sábado 29 de novembro, colaborarán nas xornadas de protesta que se desenvolverán en varias cidades o vindeiro día 6 baixo o lema Camiñando cara ao 29-N. Celebraranse nas sete cidades galegas. Ademais, a Columna Galega tamén contará con representación, xunto a outras moitas do Estado, na manifestación convocada en Oviedo co gallo da entrada dos Premios Príncipe de Asturias para este 24 de outubro.
As Marchas da Dignidade de Galicia están apoiadas xa por uns 50 colectivos en Galicia, desde sindicatos alternativos a movementos sociais, pasando por organizacións políticas, estudantís e culturais.
Redacción | @prazapublica|praza.gal
Tamén no xornal Sermos Galiza. | 29N: ocupar o Obradoiro para dar máis un empurrón cara á fin do réxime | As Marchas da Dignidade marcan en vermello o 29 de Novembro: Tomar a emblemática praza compostelá con columnas procedentes de diferentes comarcas do país sob o lema ‘Pan, traballo, teito’. | X.M.P 22.10.2014 | ir á Web.
As Marchas da Dignidade seguen camiñando até acadar os seus obxectivos.
As Marchas da Dignidade prevén mobilizar a 5 millóns de persoas a finais de novembro. | O movemento 22-M convocou unha 'Semana de Loita' para finais do próximo mes con actos en todas as capitais de provincia. Estas concentracións súmanse á programada para o 24 de outubro en Oviedo contra os Premios Príncipe de Asturias. | DANIEL MARTÍN - Público | Madrid 21/10/2014 12:09 | Actualizado: 21/10/2014 14:07 | Ir á Web.
Retransmisión en directo desde Radio Kras de Uvieu da mobilización 'Somos Reais'.
O vindeiro venres 24 de outubro terá lugar en Uvieu a mobilización 'Somos Reais', co apoio das Marchas da Dignidade 22M e diversos colectivos sociais. | Esta mobilización prodúcese durante a entrada á Gala de entrega de premios Príncipe de Asturias e este ano contará co apoio dunhas 3.000 persoas vindas de fóra de Asturies. |http://www.asturiesenmarcha.org/ | Desde Radio Kras imos realizar un programa especial de 17:00 a 19:00 da tarde, con conexións en directo. | Invitámosvos a difundir nos vosos medios o programa e a colaborar enviándonos audios con entrevistas a xente das vosas zonas que vaia a participar na mobilización. | Por suposto si alguén dos vosos medios vai estar na mobilización e quere colaborar que nos contacte. Contamos con colaboración de xente de Radio QK. | Avisarnos se o ides a emitir para difundilo. | Streaming: http://giss.tv:8000/RadioKras.mp3 | Video 2013: https://www.youtube.com/watch?v=fLeFONqbNzU | Calquera dúbida ou aclaración dicídesme. | Salú Falo Radio Kras: falomarcos@gmail.com
A Rolda de Prensa nos medios convencionais:
EUROPA PRESS:
http://www.europapress.es/galego/noticia-as-marchas-da-dignidade-ocuparan-obradoiro-29-novembro-reclamar-pan-traballo-teito-20141022145436.html
LA VOZ DE GALICIA:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/10/22/marchas-da-dignidade-ocuparan-obradoiro-29-noviembre-reclamar-pan-trabajo-techo/00031413976744363403663.htm
FARO DE VIGO:
http://www.farodevigo.es/galicia/2014/10/22/marchas-dignidad-ocuparan-obradoiro-reclamar/1117040.html
ABC:
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1700109
LA REGIÓN:
http://www.laregion.es/articulo/galicia/marchas-dignidad-ocuparan-obradoiro-reclamar-pan-trabajo-y-techo/20141022134204499341.html
TE INTERESA COMPOSTELA:
http://www.teinteresa.es/galicia/a-coruna/santiago-de-compostela/Marchas-Dignidad-ocuparan-Obradoiro-noviembre_0_1234677162.html
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon