O 9 de decembro de 1914 nacía en Madrid Hildegart Rodríguez Carballeira. Filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira, Hildegart foi un importante personaxe da cultura e da política até o ano da súa morte en 1933. Publicou unha decena de libros e foi colaboradora de publicacións periódicas como “Renovación”, “El Socialista”, “Orto” e “La Tierra”, ademáis de directiva das Juventudes Socialistas e da Liga para la Reforma Sexual. Estivo en contacto con importantes personaxes da época como Havelock Ellis, H.G. Wells ou Gregorio Marañón. A súa vida e a súa tráxica morte a mans da súa nai, en decembro de 1933 (cando só contaba 19 anos), fixeron dela un personaxe recreado en novelas, obras de teatro e mesmo filmes, ademais de investigacións históricas.
Cen anos despois do seu nacemento, o Ateneo Ferrolán considerou preciso convocar un Congreso arredor de Hildegart Rodríguez Carballeira, para lembrar a súa figura dende diversas facianas: ao tempo que tentar encadrar o seu pensamento no eido da sexualidade e da crítica de esquerdas á II República, o Congreso quere recuperar tamén a memoria das mulleres e dos colectivos femininos da súa xeración.
Unha vez pechado o prazo de presentación de propostas para o Congreso Hildegart, o Comité Organizador aceptou os seguintes traballos de investigación:
- José Manuel Peláez Ropero - Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977).¿ Un filme inacabado?
- Ana Muiña - Aurora de sangre. Vida y muerte de Hildegart. Introducción a la reedición del libro de Eduardo de Guzmán.
- Martín Paradelo Núñez - A representación cinematográfica do corpo da muller no tempo de Hildegart.
- Lola Ferreiro Díaz - Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro
- Luz Darriba / Micaela Fernández Darriba - As netas de Olympia de Gouges, as fillas de Flora Tristán.
- Kyra Kietrys – Archivo Hildegart.
- Micaela Pattison - Hildegart como figura internacional.
- Miguel Ángel Pradera - Una tarea pendiente: una bibliografía formal de Hildegart Rodríguez Carballeira.
- Manuela Santalla López – Hildegart: ¿Una mujer-proyecto ferrolana?
- Pablo Herrero Hernández - Hildegart Rodríguez Carballeira en el recuerdo y en los escritos del periodista y escritor republicano Luis Hernández Alfonso (1901-1979).
- Olga Roig López - Aurora Rodríguez y Hildegart, dos vidas marcadas por la disciplina.
- Dionísio Pereira - Unha figura singular do anarquismo na Galiza: o Dr. Pardo Babarro.
- Eduard Masjuan - El neomalthusianismo anarquista y la cuestión social en Hildegart Rodríguez 1929-1933.
- Eusebio Lucía Olmos - El paso de Hildegart Rodríguez por la Casa del Pueblo Madrileña.
- Miguel Ángel Pradera - Reflexiones para una adecuada contextualización histórica de Hildegart.
- Jean-Louis Guereña - Hildegart y la reforma sexual en la Casa del Pueblo de Madrid.
- Francisco de Luis Martín – Hildegart, un verso suelto en el proyecto de reforma sexual del socialismo español de los años veinte y treinta.
- Lorena Cuevas Buján - Hildegart Rodríguez e Amparo Poch: a repercusión das ideas de reformismo sexual no anarcofeminismo dos anos 30.
- Helena Andrés Granel - Hildegart Rodríguez. Feminismo, eugenesia y maternidad.
- Antía Pérez Caramés - O pensamento demográfico de Hildegart Rodríguez Carballeira.
- Monica Bar Cendón - Sexualidade e trampas da "diferencia" en Hildegart.
- Josep María Roselló - Una mujer moderna: amor y sexo en el pensamiento de Hildegart.
Por outra banda, no Congreso participarán outras persoas que teñen traballado sobre a figura de Hildegart, como a historiadora ferrolá Rosa Cal, o psiquiatra Guillermo Rendueles, a autora teatral Marga do Val ou o escritor ferrolán Henrique Dacosta. No marco do Congreso vaise presentar tamén en Ferrol a curtametraxe “The Red Virgin”, da directora canadiense Sheila Pye (2011) e probablemente se proxecte tamén a película de Fernando Fernán Gómez “Mi hija Hildegart” (1977). Todos os actos terán lugar en Ferrol entre o 5 e o 8 de decembro, cando se pechará o Congreso cun acto de homenaxe popular a Hildegart Rodríguez Carballeira.
No mes de decembro, en paralelo ao Congreso, van facerse dúas exposicions no Ateneo Ferrolán relacionadas con Hildegart, unha delas será unha exposición en paneis facendo un percorrido pola vida e os temas relacionados cos traballos de Hildegart, e a outra será unha exposición de obxectos e libros relacionados con esta malograda pensadora e activista social. O Ateneo está rematando tamén un libro no que se recollen todos os artigos xornalísticos publicados por Hildegart no xornal “La Tierra” nos tempos inmediatos á súa morte; o devandito libro será presentado no vindeiro mes de novembro.
Nestes momentos, o Ateneo Ferrolán está tentando sumar a diversas institucións e entidades ao Congreso, para tentar difundir ao máximo a figura de Hildegar Rodríguez Carballeira, e coa idea de que as exposicións e algunhas conferencias sobre Hildegart poidan levarse adiante noutras localidades galegas.
O Congreso conta cunha páxina web, http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/ na que se van colocar informacións sobre o Congreso e materiais que acheguen ao público a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira.
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan
Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
APOIA e DIFUNDE!
https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl
http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html
Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350
Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
18 de outubro de 2014 12:27
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon