O pasado 2 de Outubro, a Marea Ártabra celebraba a súa primeira, foi unha asemblea de presentación do manifesto e ideas de como comezar. Ao final da asemblea constituiu-se unha comisión coordinadora que se encargaría de preparar unha orde do día e facer a seguinte asemblea que é a que agora se convoca.
Convocatoria Segunda Asemblea de Ferrol da Marea Ártabra
Bo día,
O vindeiro xoves 16, ás 19:30 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero terá lugar a II Asemblea da Marea Ártabra coa seguinte orde do día:
1.- Proposta de Formación da mesa.
2.- Lectura da acta anterior.
3.- Cuestións organizativas da Asemblea e a Coordinadora. Grupos de traballo.
5.- Proposta de cronograma da Marea Ártabra.
6.- Calendario de Asembleas de barrio.
7.- Continuidade da comisión de coordenación, Baixas e novas incorporacións.
Na páxina www.mareaartabra.org podedes consultar ás Novas da Marea, as actas e acordos adoptados e imaxes de libre uso para a súa distribución.
Un saúdo e grazas
Grupo de Comunicación de Marea Artabra.
Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.
Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/ ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.
A Marea Ártabra nas redes sociais:
Logo da marea cidadá:
Enlaces relacionados:
A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.
Foto de Jorge Suárez en Ferrol 360.
Información baseada na enviada por:
Marea Ártabra
mareaartabra@gmail.com-
15 de outubro de 2014 19:42
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon