Greenpeace fronte a Repsol en Canarias, onde a corporación petrolera planea iniciar os seus prospecciones. Raúl San Mateo e Nadia González, desenvolven un sitio-e onde reflexan a campaña da organización ambientalista internacional. Durante estes últimos días activistas ecoloxistas estiveron protexendo a área que Repsol e o Goberno español queren comezar a perforar en busca de petróleo a pesar do rexeitamento masivo da sociedade canaria. No citado sitio-e contan en detalle todo o ocorrido. Desde Ártabra 21 consideramos de interese a nova enviada polo noso compañeiro Tono, polo que a transcribimos e convidamos entrar no sitio-e de referencia onde de xeito cronolóxico e ao vivo describen a acción e facilitan moi interesantes vídeos vídeos e fotos.
Abordados pola Armada por dicir NON ás prospeccións
Foi un momento de gran tensión. A protesta pacífica de Greenpeace contra o buque perforador de Repsol fronte a Fuerteventura e Lanzarote concluía súbitamente. Unha activista fora arroiada por unha lancha da Armada e caera ao auga, sufrindo fracturas e feridas de hélice do bote militar. Outro activista sufría contusiones menores. E nosas dúas lanchas quedaban inutilizadas.
Afortunadamente nosa compañeira atópase estable no hospital das Palmas, pero as imaxes da embestida que conseguiron gravar os nosos activistas son realmente impactantes (VER VÍDEO).
http://youtu.be/NcnpDXplF_k
O abordaxe puxo o punto final a máis dun día protexendo a zona onde o Goberno español permitiu a Repsol buscar petróleo fronte ás costas de Lanzarote e Fuerteventura. Esta acción contundente en defensa dos intereses de Repsol pon en evidencia o desdén do Goberno español cara á opinión da sociedade canaria e a protección do medio ambiente, ademais do seu estreito vínculo cos intereses da multinacional Repsol en favor dun modelo enerxético obsoleto, contaminante e ineficiente como é o petróleo.
Con dous activistas feridos e dúas lanchas inservíbeis tralo abordaxe da Armada, o Arctic Sunrise pon rumbo a porto, onde se unirá a todos os apoios en terra e continuará incansable a súa denuncia e oposición ás prospeccións de Repsol.
Estamos cos océanos. Estamos con Canarias. Estamos coa nosa activista ferida. ¡Grazas polo voso apoio! #ProspecciónsNON!
Descobre o vídeo e como foi a xornada no noso BLOGUE EN VIVO.
Enviado por:
antonio Mesejo Cerdido
-tonomesejo@hotmail.com-
16 de novembro de 2014 09:13
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon