Unha mentira repetida cen veces non se converte nunha verdade. O único que pon de manifesto é o desprezo absoluto desde o que fala a persoa que, sen ningún tipo de pudor, repite estas mentiras co fin de ocultar a realidade e desprestixiar as/os profesionais.
Estamos a referirnos ás declaracións que a Conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, fixo nun medio de comunicación, asegurando que a contratación no SERGAS por días soltos ou de media xornada é puntual, que só se daba en contadas excepcións, cando todo o mundo sabe que é a norma, e que todos os días se producen inxentes cantidades de contratos non só por días, senón tamén miserábeis contratos por horas.
A quen pretende enganar?
- Ás persoas inscritas na listaxe de contratación que sofren día a día o desemprego, a precariedade laboral, a obriga de realizar contratos a xornada reducida, nalgún caso con desprazamento superiores a 70 km onde as retribucións non cobren os gastos?
- Á poboación que sofre día a día as demoras na asistencia por falta de profesionais?
- Á mesma poboación que ve como os seus familiares, traballadoras/es da sanidade pública, agora están en desemprego cando antes traballaban regularmente?
- Ás persoas que emigraron en busca dun posto de traballo?
Vostede siga a facer méritos con quen pretende privatizar a sanidade. A sociedade galega non vai consentir que teña a desvergoña de privatizar a Sanidade Pública, que se atreva a criminalizar e precarizar ás persoas que co seu traballo a manteñen viva e que inda teña a fachenda de negalo mentindo descaradamente.
Rocío Mosquera, privatizadora, precarizadora e ademais mentireira!!! Tenas todas!!!
CIG Saúde Ferrol
http://www.cig-saude.info/ferrol
Enviado por:
cig-saude.ferrol@sergas.es
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
21 de novembro de 2014 10:09
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon