martes, decembro 23, 2014

A CIA tamén tortura o idioma, ... Por Robert Fisk

Gracias a Deus por Noam Chomsky. Non por toda unha vida de asaltos devastadores á nosa hipocrisía política, senón pola súa lingüística. Moito antes de chegar a coñecelo, nos meus tempos de estudante, cando me afanaba no meu curso universitario de lingüística, o traballo de Chomsky me alertou sobre o uso pernicioso da linguaxe. Por iso condeno de inmediato a vil semántica do Pentágono e a CIA. Non só esa vella frase lobuna "dano colateral", senón a linguaxe enteira da tortura. Ou, como a chaman os mozos que torturan no noso nome, "técnicas perfeccionadas de interrogación".

Miremos iso máis de cerca.

"Perfeccionada" é unha palabra que implica superación. Suxire algo mellor, máis informado, ata menos custoso. Por exemplo, "medicina perfeccionada" implicaría presumiblemente unha forma máis simplificada de mellorar nosa saúde. Do mesmo xeito que "escolas perfeccionadas" suxeriría unha educación máis valiosa para un neno.

"Interrogación" polo menos dá idea do que se trata todo isto. Facer preguntas e obter -ou non obter- unha resposta. Pero "técnica" as supera a todas. Unha técnica é unha habilidade, non? Polo regular, segundo dime o dicionario, no traballo artístico.

Así pois, os "interrogadores" teñen habilidades especiais, o cal implica adestramento, traballo ilustrado, aplicación, produto do intelecto. O cal, supoño, é en certo sentido do que se trata a tortura. Non é só a forma en que eu normalmente describiría o proceso de azoutar persoas contra as paredes, medio afogalas en auga e embutirlles humus polo recto.

Pero no caso de que iso sexa demasiado gráfico, os mozos e mozas da prensa estadounidense dotárono dunha forma familiar. Todo o proceso de "técnicas perfeccionadas de interrogación" chámase agora EIT (polas siglas en inglés de enhanced interrogation techniques). Como WMD (siglas en inglés de "armas de destrución masiva")  -outro embuste no noso vocabulario político, todo este porco negocio envolven-no nun acrónimo de tres letras.

E logo decatamo-nos de que todo é parte dun "programa". Algo coidadosamente planeado, vostedes entenden, un proxecto, un desempeño, regular, aprobado, até teatral. O meu confiábel American College Dictionary -publicado por Random House en 1947- define "programa" (en inglés) como "un entretemento con referencia ás súas pezas ou números", que é o que eu supoño que os exasperados da CIA gozaban cando traballaban ás súas vítimas. Quítalle a roupa, ponlle un trapo na cara, verte a auga; oh, non demasiadas burbullas, por favor. Ah, bo, estrélao contra a parede outra vez. Un programa, vaia que si.

Dick Lado Escuro Cheney usou a palabra "programa" ao condenar o informe do Senado sobre a tortura da CIA. Resulta estraño, con todo, que a súa descrición do documento como "cheo de merda" contivese un efecto lateral non intencional do proceso que aplaude. Porque quen son torturados a miúdo ouriñan e defecan e, segundo sabemos por quen sufriron tales "programas", os axentes da CIA adoitaban deixar ás súas vítimas paradas e embarradas ante eles.

Cheney quere que creamos, por suposto, que eses pobres homes deron información importante ás viles criaturas que os torturaban. Iso é exactamente o que os inquisidores medievais descubrían cando acusaban de bruxería a inocentes: case todas as vítimas, homes e mulleres, recoñecían voar polo aire.

Talvez iso foi o que Khaled Sheikh Mohamed, logo de ser sometido á tortura de auga (waterboarding) 183 veces, dixo ás súas interrogadores da CIA: podía voar polo aire, como un dron humano terrorista. Supoño que esa é a clase de "información vital" que Cheney asegura que as vítimas deron á CIA.

Desde logo, tocou ao director de gótico semblante da CIA, John Brennan, quizais ao sentir a calor dalgúns avogados de dereitos humanos respirándolle no pescozo, dicir que algunhas das "técnicas" -si, esa é a palabra que empregou- eran non autorizadas e "aborrecibles". E dese modo proporcionou con destreza unha nova versión dos crimes da CIA. A AIT -a aborrecible tortura- "debe ser repudiada por todos", pero non, ao parecer, a vella e respectable EIT. Como dixo Cheney, a tortura "foi algo que tivemos moi bo coidado en evitar". Fago notar as palabras "moi bo coidado". E estremézome.

O bo de Brennan recoñeceu: "quedámonos curtos cando se tratou de chamar a contas a algúns (sic) oficiais". Pero está perfectamente claro que os torturadores -u "oficiais"- non serán chamados a contas.

Tampouco Brennan. Nin Dick Cheney. Nin, atrévome a mencionalo, os réximes árabes aos que a CIA "remitiu" esas vítimas que merecían un trato aínda máis vil que o que a axencia podía administrarlles nas súas propias prisións secretas.

Un pobre tipo, Maher Arar, era un cidadán canadense, un camioneiro capturado pola CIA no aeroporto John F. Kennedy de Nova York e despachado a Siria antes da guerra civil para recibir un pouco de AIT -non EIT, recorden- a solicitude dos estadounidenses. Encerrado nun furado apenas un pouco máis grande que un ataúde, a súa primeira experiencia da AIT foi ser azoutado con cables eléctricos.

Deste xeito, Cheney e os seus mozos e mozas exerceron o seu sadismo por intermediarios... co mesmo Estado cuxas "técnicas de interrogación" agora indignan tanto a Occidente, que chama a derrocar ao réxime sirio (xunto co derrocamento de Isis e Jabhat al-Nusrah), en favor de "moderados" recentemente armados que, presumiblemente, só practicarán a EIT e non a AIT.

Pero, como dixo o meu colega xornalista Rami Khouri, entre os 54 países no "programa" de execución da CIA figuran Arxeria, Exipto, Irán, Iraq, Xordania, Marrocos, Arabia Saudita, Siria, Turquía, Emiratos Árabes Unidos e Xemen. Pódese engadir a Libia de Kadafi a esa lista. De feito, até a policía secreta italiana axudou á CIA a secuestrar a un imán nas rúas de Milán e empacarlo a El Cairo para recibir un pouco de AIT a mans dos interrogadores de Mubarak. O cal probablemente explica por que o mundo árabe e musulmán estivo caladiño logo da publicación do informe do Senado estadounidense -até na súa forma altamente censurada, a semana pasada.

Foi o xornalista exipcio Mohamed Hassanein Heikal o primeiro en describir a forma en que a CIA circulou unha película dunha muller iraní ao ser torturada pola policía secreta do sha, para que outras nacións aprendesen como facer falar ás prisioneiras de sexo feminino. Non é o mesmo coa nova e mellorada CIA actual, por suposto, cuxos axentes destruíron as súas videocintas antes que o comité do Senado poida botarlles man. Pero esta vez habería que estudar a natureza subordinada dos réximes árabes, porque tamén torturaron en nome do Reino Unido. Como preguntou Khouri a semana pasada: "Falaremos de nosas propias colusións criminais e imperiais con tanta apertura como Estados Unidos faio coas súas, e trataremos de reparalas ..." Non se molesten en esperar resposta.

As disputas están prohibidas; só se permiten "conversacións". Volvendo ao tema de Chomsky e as palabras, antes de partir de Canadá cara a Beirut comprei unha magnífica chamarra de inverno. Feita en China, por suposto. Pero a garantía informoume que cumpría cunha alta norma de "resistencia ao auga e respirabilidade". Esas palabras únense a esa horrible expresión que agora gobernos e empresas usan para referirse a unha discusión. Xa non nos din que están nunha disputa con alguén: "teñen unha conversación" con respecto a "un tema". Dan ganas de aplicarlle AIT ao culpábel.

Mencionado por Pascual Serrano e publicado no xornal mexicano 'La Jornada'. | 22.12.2014

[*] Robert Fisk, naceu en Inglaterra, vive actualmente en Beirut, Licenciado en Ciencias Poíticas no Trinity College de Dublin. De 1971 ao 1975 foi correspondente do diario Times en Belfast. Desde 1976 é correspondente no Medio Oriente, actualmente para o xornais londinense The Independent. Nas súas reportaxes cubriu a invasión do Líbano por Israel (1978-82), a revolución en Iran (1979), a guerra Iran - Iraq (1980-88), a guerra civil de Afghanistan (1980), a guerra do Golfo (1991), a guerra en Bosníaca (1992-96) e o conflito de Argelia (1992).
_________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon