Por David Rodríguez [*]
28.12.2014
En Galiza, um povo sentimental?, Helena Miguélez Carballeira analiza, dende unha perspectiva feminista e poscolonial, como os discursos arredor da nación galega resultaron máis ou menos mobilizadores en función de se naqueles abundaban os tropos asociados a unha certa idea tradicional do feminino (pasivo) ou do masculino (activo). Unha das teses sostidas pola autora é que a omnipresenza do discurso sentimental feminino no chamado nacionalismo cultural tivo unha funcionalidade colonial e desmobilizadora.
Esta recorrencia aos tropos femininos datará xa do primeiro rexionalismo do XIX e verase desafiada co xurdimento do nacionalismo galego, propiamente dito, cando o nacemento das Irmandades da Fala. Así, colíxese a convivencia no discurso sobre xénero e nación galega de dúas grandes pólas, unha culturalista desactivadora do político (o cal é á súa vez un xesto político), feminizante:
A seguir, a autora mostra como a irrupción da crítica feminista (especialmente daquelas mulleres sen dependencias emotivo-intelectuais cos “grandes homes” da nación) comezará a minar a representación patriarcal da muller e da nación tanto do culturalismo coma do nacionalismo. Miguélez chega así á conclusión de que a ideoloxía da Normalización -que ela vincula ao piñeirismo aínda que sinale que os discursos cuestionadores da ideoloxía da Normalización funcionan tamén «como desafios explícitos ao discurso nacionalista galego enquanto discurso patriarcal.» (p. 210)- constituirá unha sorte de pano de fondo implícito onde calquera proposta discursiva non homologada é percibida como unha ameaza e é, por tanto, minimizada.
Miguélez contra Carballeira
O libro de Miguélez Carballeira é útil porque nos recorda algo que, aínda que evidente, ás veces esquécese. Michael Billig, no seu O nacionalismo banal, púxoo así:
Fronte esta visión, hai outras que consideran que o da identidade nacional non é O conflito senón que é Un conflito. Quen considera que o nacional é un conflito entre outros acostuman, por motivos obvios, ter problemas de intercomprensión con quen considera o nacional como O Conflito. Cada vez que os que consideran que o nacional é un conflito entre outros se empeñan en traer á luz os conflitos diferentes do nacional -e que este por si só non resolve- o discurso do nacionalismo ideolóxico séntese -loxicamente, por outra banda- ameazado, pois este tende a procurar a unidade da comunidade nacional e aborrece os conflitos dentro da mesma. Por outra banda, tamén semella razoable que quen pensa que nunha sociedade dada existen múltiples conflitos pero que se existe algo así coma O conflito este é o que se produce entre clases sociais (o cal tampouco se pode converter nun absoluto simplificador, pois se parece evidente que a cuestión económica determina o resto de conflitos estes non se poden reducir automaticamente ao mecanicismo económico) quen así o considera, digo, é normal que tenda a pensar a táctica e a estratexia política en función da cuestión de clase.
Nun artigo recente, Helena Miguélez enunciaba a súa preocupación pola emerxencia do nacionalismo banal español como consecuencia da excesiva atención á cuestión de clase a raíz da crise económica. Vinculaba aos autores do libro Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política e a xente coma Amador Fernández-Savater ou Guillem Martínez baseándose en coincidencias na utilización dunha “gramática e vocabulario comúns”. A seguir, a autora sacaba as súas conclusións a partir de varios textos deses dous autores e máis dalgúns outros, pero non a partir de ningún texto de Entrementres (o cal resulta especialmente rechamante). Libro, por outra banda, colectivo e que, polo tanto, dificilmente podería ser reducido a unha única voz. Aquí, semellan revelarse dúas cousas:
1. Un xeito de abordar esta cuestión, se cadra debedora do “xiro lingüístico", segundo o cal todo é texto e linguaxe e do que se trata é de interpretar como os diferentes chorros de significantes se relacionan entre si independentemente da súa relación co contexto e coas “cousas” non textuais. É por iso, digo eu, que a Helena Miguélez lle poida abondar o “aire de familia” gramatical para facer un totum revolutum e que non se pare a pormenorizar qué pode ter que ver o que se di en Entrementres con feitos concretos (ou interpretación deses feitos se se quere) acaecidos na política galega nos últimos anos.
[Exemplos: a forma de entender os partidos, a evidente desconexión do nacionalismo coa sociedade galega, a relación cos movementos sociais, as mudanzas na propia sociedade galega que desafían a narración do nacionalismo que vincula automaticamente nación e clase, as características do capitalismo globalizado existente hoxe en día e o papel das distintas institucións políticas, o papel do bipartito galego, a institucionalización e homologación do nacionalismo, etc.].
2. Cando a Helena Miguélez lle preocupa que a esquerda galega, prestando atención á cuestión de clase e ao papel de baleirado democrático que cumpren as macroinstitucións situadas por riba do estado-nación, estea propiciando o nacionalismo banal español semella estar dando como fundamental a contradición nacional. Pero, como xa se indicou máis arriba, quen sitúa o nacional coma un conflito máis e, en último caso, non coma o determinante neste momento, é probable que estea máis preocupado porque a polarización que se retroalimenta entre un, por exemplo, Francesc Homs, para quen a cuestión esquerda-dereita españoliza (sic) e un Mariano Rajoy, para quen o contubernio de bolivarianos e separatistas é unha ameaza para a estabilidade de España, poida propiciar unha -se se me permite a expresión- dereitización banal que sirva para que os que están a facer os maiores ataques aos dereitos das clases populares do E. Español en décadas surféen a crise cun sorriso na boca e que, unha parte deles -aínda por riba- conten co aplauso entusiasta do nacionalismo galego. Máis grave aínda, cando ningún deses dous personaxes, e os seus respectivos contornos, non só non problematiza cuestións como a existencia de superestruturas como a UE que están a centrifugar a vella idea de soberanía popular senón que mesmo apelan sistematicamente a elas ben sexa como cinto de seguridade de que España non rachará, ben sexa como lugar do que se agarda recoñecemento do proceso independentista. Como sempre na vida, todo é cuestión de posicionarse e tomar partido.
Helena Miguélez aplicou unha terapia de choque desnaturalizadora á cuestión de xénero e nación que se demostrou tremendamente fructífera. Mágoa que a autora non vexa a necesidade de aplicar ese mesmo método desnaturalizador aos discursos sobre o feito nacional en si. A primeira evidencia disto, presente no libro, ten que ver con que a autora se refira a Galicia como colonia sen explicar por que, ou segundo que definición de colonia o fai. Sen dúbida, se a autora se animase a facer o mesmo exercicio reflexivo que fai sobre os tropos de xénero sobre, poñamos por caso, o tropo celta non fixándose só en se o tropo pintaba aos celtas ora coma un pobo aguerrido e masculino ora sentimental e feminino (o cal está óptimo, claro) senón problematizando por que carallo falaban dos celtas todos eses señores? Que se quería dicir cando se dicía que entre esa mistificación chamada “os celtas” (aguerridos ou debiluchos) e os señores e señoras galegas contemporáneos deses discursos había algún tipo de vínculo que permitía que os primeiros servisen para simbolizar aos segundos?
[A este respecto, e por falar en concreto do celtismo, a cousa non se pode despachar dicindo que aquilo era propio da historiografía romántica, en primeiro lugar porque o nacionalismo galego actual aínda está inzado de todo ese discurso étnico, imos chamalo... "atlántico-céltico", aínda que hoxe se revista de curiosidade científica pola etimoloxía lingüística ou pola xenética histórica e en segundo lugar porque calquera que sexa o tropo mistificador este será usado para delimitar que é e que non é nin pode ser nunca autenticamente nacional].
Temos entón que a análise da dialéctica entre discursos demóstrase fértil para aflorar o oculto detrás de toda a retórica histórica arredor da nación a respecto da muller e que pode ser igualmente aplicado para analizar tamén a vinculación do discurso nacional co pobo de carne e óso que se pretende simbolizar con el e que non facelo aforra enfrontarse a conclusións que poderían ser esfarelantes da construción nacional, polo seu carácter mistificador, e/ou vergoñantes, polo seu carácter esencialista.
A autora finaliza o seu libro contrapoñendo o sentimentalismo dos anuncios de Gadis á, sen dúbida, realidade brutal da vida dun preso independentista. Así, tras o longo periplo a través da lectura do libro, a autora parece dicir que hoxe quen encarna o nacionalismo non sentimental sería o independentismo (sen quedar tampouco moi claro a que sector do nacionalismo galego identifica como tal, cousa non menor dado que hoxe case que todo o nacionalismo galego semella definirse como independentista). Ao meu modo de ver Miguélez fai aquí unha pequena trampa xa que se ben dá por suposto que o independentismo sería ese non-sentimentalismo superador da visión patriarcal, en ningún momento procede á análise dos discursos e prácticas dese mesmo independentismo referido nos que sería fácil atopar numerosos tropos continuadores ben do sentimentalismo, ben do patriarcalismo, ben da idea Normalizadora e “enchedora de ocos” culturais que autora denunciou nas súas páxinas.
[Por mencionar algúns que se me ocorren sen ter feito unha investigación nen moito menos: os equipos de futbol gaélico, as olimpiadas rurais, os roteiros de montaña, todos equiparables ao vencello entre deporte e a idea de nación sa propia dos movementos políticos da Europa dos anos 30 que Miguélez menciona; paganismos varios tipo Samaín, rondallas-rituais con fachos de lume, igualmente relacionados cos movementos dos anos 30; o futbol gaélico de novo, a adopción de maneiras e instrumentos “célticas” na música folk, a obsesión coa toponimia prerromana na procura de non sei que esencia todos como remanentes do tropo céltico (ou calquera outro pobo antigo, venerable e non latino-sureño); o discurso da contabilidade capitalista, pragmático-gañador e hipernormalizador da lingua (lingua útil e extensa no espazo público mundial) propio do reintegracionismo, fronte a visión da norma oficial como sucedáneo bastardo que reclúe o idioma nas magras fronteiras da autonomía; a existencia, tamén, da lóxica de “enche ocos” culturais, pero desta volta en base a modelos alleos como poida ser o vasco: deportes rurais, Apalpador, montaña…; remanentes do vello romanticismo que vinculaba nación con paisaxe: querencia polos espazos naturais tidos por sublimes, espazos, por certo, adoito adornados por algunha pintadiña de expresiva emoción patriótica do tipo “Gz Ceibe”, ou similar…; contraposición rural-cidade no que o primeiro representa a autenticidade heideggeriana (nada menos que Heidegger, o filósofo Galaxiano por antonomasia!) e a segunda o espazo impuro e cosmopolita, no que a identidade nacional se dilúe e no que o castelán xa é asumido como lingua propia; etc.]
Pero un comprende perfectamente esta última trampiña. A propia autora comeza o libro dicindo:
O Funambulista Coxo
Publicado o 29 de Outubro de 2014 no blogue:
ofunambulistacoxo.blogspot.com.
[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.
_________________

«Procurei identificar a filiação, raras vezes reconhecia, entre o nacionalismo cultural galego e esse peculiar regionalismo apolítico na Galiza. Esta relação torna-se evidente, se considerarmos, como fiz neste livro, o tropo do sentimentalismo galego como o seu canal condutor. »E unha liña netamente politizadora da cuestión nacional, masculinizante:
«Os novos ideólogos do movimento começaram a perceber que, para neutralizarem esa entranhada lógica colonial, que ligava a identidade galega à feminidade, era fundamental uma estratégia discursiva que passava por recaracterizar masculinamente a identidade nacional galega e por reconstruir a capacidade do nacionalismo para a acção política, entendida esta como uma questão de virilidade. Esta transição está no cerne daquilo que se costuma descrever como a passagem do regionalismo “sentimental” para o nacionalismo “político” a partir de 1916» (p. 126)Porén, a cousa non remata aquí. A autora mostra con gran pericia como estes dous discursos mantiveron historicamente unha relación dialéctica. Como exemplo, a reacción do rexionalismo á masculinización do novo nacionalismo post-1916 mediante un discurso de masculinidade apolínea (ideas de autocontrol e racionalidade) fronte os delírios paixonais e irracionais (novamente tropos femininos) do novo nacionalismo. Unha viraxe que terá a volta de porca case definitiva coa vitoria franquista tras a guerra civil onde a belicosidade testosterónica, desta volta do nacionalismo español, pasará directamente á acción. Por súa vez, a figura de Carvalho Calero é lida pola autora como un exemplo de hipermasculinidade en oposición ao culturalismo de Galaxia, toda vez que o primeiro quedará, entre outras cousas pola cuestión da norma lingüística, marxinado dese mundo.
A seguir, a autora mostra como a irrupción da crítica feminista (especialmente daquelas mulleres sen dependencias emotivo-intelectuais cos “grandes homes” da nación) comezará a minar a representación patriarcal da muller e da nación tanto do culturalismo coma do nacionalismo. Miguélez chega así á conclusión de que a ideoloxía da Normalización -que ela vincula ao piñeirismo aínda que sinale que os discursos cuestionadores da ideoloxía da Normalización funcionan tamén «como desafios explícitos ao discurso nacionalista galego enquanto discurso patriarcal.» (p. 210)- constituirá unha sorte de pano de fondo implícito onde calquera proposta discursiva non homologada é percibida como unha ameaza e é, por tanto, minimizada.
Miguélez contra Carballeira
O libro de Miguélez Carballeira é útil porque nos recorda algo que, aínda que evidente, ás veces esquécese. Michael Billig, no seu O nacionalismo banal, púxoo así:
«A batalla pola nacionalidade é unha batalla pola hexemonía mediante a cal unha parte reivindica falar polo conxunto da nación e representar á esencia nacional.»A ideoloxía política que enche de significado á nación reside nos contidos das diferentes “comunidades imaxinadas” en pugna. Esta batalla pola nacionalidade dase tanto nos estados xa constituídos, como -así o demostra Miguélez Carballeira- nos movementos nacionalistas que pretenden constituírse en estados. Entre esas ideoloxías políticas, tamén se inclúe, por suposto, aquela que ve no nacionalismo “en si” a doutrina política a primar. Quen propugna o nacionalismo como ideoloxía política tende a ter unha visión da nación estática (ou cando menos pouco amiga de problematizarse “en exceso”), na que o imaxinario se enche de vacas sagradas e tropos inamobibles e na que calquera cuestionamento destes marcos é interpretada como traición (e tanto máis furibundamente se considera herexía canto máis feble socialmente sexa ese nacionalismo ideolóxico); de aí, por exemplo, que o artigo de Helena Miguélez en El País sobre Carvalho Calero fose interpretado por parte de Pilar García Negro como unha afrenta a unha desas vacas sagradas, afrenta que basicamente se despacha cun ti-non-tes-puta-idea-porque-non-coñeceches-a-Carvalho, que é outra maneira de dicir: ti non estás (e nunca estarás porque iso é bioloxicamente imposible) no grupo con acceso directo ás esencias nacionais.
Fronte esta visión, hai outras que consideran que o da identidade nacional non é O conflito senón que é Un conflito. Quen considera que o nacional é un conflito entre outros acostuman, por motivos obvios, ter problemas de intercomprensión con quen considera o nacional como O Conflito. Cada vez que os que consideran que o nacional é un conflito entre outros se empeñan en traer á luz os conflitos diferentes do nacional -e que este por si só non resolve- o discurso do nacionalismo ideolóxico séntese -loxicamente, por outra banda- ameazado, pois este tende a procurar a unidade da comunidade nacional e aborrece os conflitos dentro da mesma. Por outra banda, tamén semella razoable que quen pensa que nunha sociedade dada existen múltiples conflitos pero que se existe algo así coma O conflito este é o que se produce entre clases sociais (o cal tampouco se pode converter nun absoluto simplificador, pois se parece evidente que a cuestión económica determina o resto de conflitos estes non se poden reducir automaticamente ao mecanicismo económico) quen así o considera, digo, é normal que tenda a pensar a táctica e a estratexia política en función da cuestión de clase.
Nun artigo recente, Helena Miguélez enunciaba a súa preocupación pola emerxencia do nacionalismo banal español como consecuencia da excesiva atención á cuestión de clase a raíz da crise económica. Vinculaba aos autores do libro Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política e a xente coma Amador Fernández-Savater ou Guillem Martínez baseándose en coincidencias na utilización dunha “gramática e vocabulario comúns”. A seguir, a autora sacaba as súas conclusións a partir de varios textos deses dous autores e máis dalgúns outros, pero non a partir de ningún texto de Entrementres (o cal resulta especialmente rechamante). Libro, por outra banda, colectivo e que, polo tanto, dificilmente podería ser reducido a unha única voz. Aquí, semellan revelarse dúas cousas:
1. Un xeito de abordar esta cuestión, se cadra debedora do “xiro lingüístico", segundo o cal todo é texto e linguaxe e do que se trata é de interpretar como os diferentes chorros de significantes se relacionan entre si independentemente da súa relación co contexto e coas “cousas” non textuais. É por iso, digo eu, que a Helena Miguélez lle poida abondar o “aire de familia” gramatical para facer un totum revolutum e que non se pare a pormenorizar qué pode ter que ver o que se di en Entrementres con feitos concretos (ou interpretación deses feitos se se quere) acaecidos na política galega nos últimos anos.
[Exemplos: a forma de entender os partidos, a evidente desconexión do nacionalismo coa sociedade galega, a relación cos movementos sociais, as mudanzas na propia sociedade galega que desafían a narración do nacionalismo que vincula automaticamente nación e clase, as características do capitalismo globalizado existente hoxe en día e o papel das distintas institucións políticas, o papel do bipartito galego, a institucionalización e homologación do nacionalismo, etc.].
2. Cando a Helena Miguélez lle preocupa que a esquerda galega, prestando atención á cuestión de clase e ao papel de baleirado democrático que cumpren as macroinstitucións situadas por riba do estado-nación, estea propiciando o nacionalismo banal español semella estar dando como fundamental a contradición nacional. Pero, como xa se indicou máis arriba, quen sitúa o nacional coma un conflito máis e, en último caso, non coma o determinante neste momento, é probable que estea máis preocupado porque a polarización que se retroalimenta entre un, por exemplo, Francesc Homs, para quen a cuestión esquerda-dereita españoliza (sic) e un Mariano Rajoy, para quen o contubernio de bolivarianos e separatistas é unha ameaza para a estabilidade de España, poida propiciar unha -se se me permite a expresión- dereitización banal que sirva para que os que están a facer os maiores ataques aos dereitos das clases populares do E. Español en décadas surféen a crise cun sorriso na boca e que, unha parte deles -aínda por riba- conten co aplauso entusiasta do nacionalismo galego. Máis grave aínda, cando ningún deses dous personaxes, e os seus respectivos contornos, non só non problematiza cuestións como a existencia de superestruturas como a UE que están a centrifugar a vella idea de soberanía popular senón que mesmo apelan sistematicamente a elas ben sexa como cinto de seguridade de que España non rachará, ben sexa como lugar do que se agarda recoñecemento do proceso independentista. Como sempre na vida, todo é cuestión de posicionarse e tomar partido.
Helena Miguélez aplicou unha terapia de choque desnaturalizadora á cuestión de xénero e nación que se demostrou tremendamente fructífera. Mágoa que a autora non vexa a necesidade de aplicar ese mesmo método desnaturalizador aos discursos sobre o feito nacional en si. A primeira evidencia disto, presente no libro, ten que ver con que a autora se refira a Galicia como colonia sen explicar por que, ou segundo que definición de colonia o fai. Sen dúbida, se a autora se animase a facer o mesmo exercicio reflexivo que fai sobre os tropos de xénero sobre, poñamos por caso, o tropo celta non fixándose só en se o tropo pintaba aos celtas ora coma un pobo aguerrido e masculino ora sentimental e feminino (o cal está óptimo, claro) senón problematizando por que carallo falaban dos celtas todos eses señores? Que se quería dicir cando se dicía que entre esa mistificación chamada “os celtas” (aguerridos ou debiluchos) e os señores e señoras galegas contemporáneos deses discursos había algún tipo de vínculo que permitía que os primeiros servisen para simbolizar aos segundos?
[A este respecto, e por falar en concreto do celtismo, a cousa non se pode despachar dicindo que aquilo era propio da historiografía romántica, en primeiro lugar porque o nacionalismo galego actual aínda está inzado de todo ese discurso étnico, imos chamalo... "atlántico-céltico", aínda que hoxe se revista de curiosidade científica pola etimoloxía lingüística ou pola xenética histórica e en segundo lugar porque calquera que sexa o tropo mistificador este será usado para delimitar que é e que non é nin pode ser nunca autenticamente nacional].
Temos entón que a análise da dialéctica entre discursos demóstrase fértil para aflorar o oculto detrás de toda a retórica histórica arredor da nación a respecto da muller e que pode ser igualmente aplicado para analizar tamén a vinculación do discurso nacional co pobo de carne e óso que se pretende simbolizar con el e que non facelo aforra enfrontarse a conclusións que poderían ser esfarelantes da construción nacional, polo seu carácter mistificador, e/ou vergoñantes, polo seu carácter esencialista.
A autora finaliza o seu libro contrapoñendo o sentimentalismo dos anuncios de Gadis á, sen dúbida, realidade brutal da vida dun preso independentista. Así, tras o longo periplo a través da lectura do libro, a autora parece dicir que hoxe quen encarna o nacionalismo non sentimental sería o independentismo (sen quedar tampouco moi claro a que sector do nacionalismo galego identifica como tal, cousa non menor dado que hoxe case que todo o nacionalismo galego semella definirse como independentista). Ao meu modo de ver Miguélez fai aquí unha pequena trampa xa que se ben dá por suposto que o independentismo sería ese non-sentimentalismo superador da visión patriarcal, en ningún momento procede á análise dos discursos e prácticas dese mesmo independentismo referido nos que sería fácil atopar numerosos tropos continuadores ben do sentimentalismo, ben do patriarcalismo, ben da idea Normalizadora e “enchedora de ocos” culturais que autora denunciou nas súas páxinas.
[Por mencionar algúns que se me ocorren sen ter feito unha investigación nen moito menos: os equipos de futbol gaélico, as olimpiadas rurais, os roteiros de montaña, todos equiparables ao vencello entre deporte e a idea de nación sa propia dos movementos políticos da Europa dos anos 30 que Miguélez menciona; paganismos varios tipo Samaín, rondallas-rituais con fachos de lume, igualmente relacionados cos movementos dos anos 30; o futbol gaélico de novo, a adopción de maneiras e instrumentos “célticas” na música folk, a obsesión coa toponimia prerromana na procura de non sei que esencia todos como remanentes do tropo céltico (ou calquera outro pobo antigo, venerable e non latino-sureño); o discurso da contabilidade capitalista, pragmático-gañador e hipernormalizador da lingua (lingua útil e extensa no espazo público mundial) propio do reintegracionismo, fronte a visión da norma oficial como sucedáneo bastardo que reclúe o idioma nas magras fronteiras da autonomía; a existencia, tamén, da lóxica de “enche ocos” culturais, pero desta volta en base a modelos alleos como poida ser o vasco: deportes rurais, Apalpador, montaña…; remanentes do vello romanticismo que vinculaba nación con paisaxe: querencia polos espazos naturais tidos por sublimes, espazos, por certo, adoito adornados por algunha pintadiña de expresiva emoción patriótica do tipo “Gz Ceibe”, ou similar…; contraposición rural-cidade no que o primeiro representa a autenticidade heideggeriana (nada menos que Heidegger, o filósofo Galaxiano por antonomasia!) e a segunda o espazo impuro e cosmopolita, no que a identidade nacional se dilúe e no que o castelán xa é asumido como lingua propia; etc.]
Pero un comprende perfectamente esta última trampiña. A propia autora comeza o libro dicindo:
«A palavra “nação” nunca esteve muito longe duma referência aos sentimentos.» (p. 13).O cal, por finalizar, nen ten por que ser sempre malo, pois tamén de emocións vive o home (e a muller).
O Funambulista Coxo
Publicado o 29 de Outubro de 2014 no blogue:
ofunambulistacoxo.blogspot.com.
[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon