domingo, xaneiro 11, 2015

A Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade terá lugar en Cangas o videiro sábado 17 de xaneiro


Cangas acollerá a Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade o 17 de xaneiro

A asemblea de coordinación estatal das Marchas da Dignidade celebrará a súa vindeira en xuntanza en Galicia. Tal e como adiantara Praza, será o vindeiro 17 de xaneiro e o lugar elixido finalmente é Cangas do Morrazo. Neste cónclave, no que se prepará a axenda de mobilizacións deseñada cara ao ano 2015, estarán presentes máis de sesenta representantes das diferentes organizacións e territorios do Estado que forman parte deste movemento que o pasado 22 de marzo reuniu milleiros de miles de persoas en Madrid e que celebrou outras importantes mobilizacións, como a que en Galicia encheu o Obradoiro o pasado 19 de novembro.
Máis de sesenta representantes das diferentes organizacións das Marchas reuniranse en Cangas
Como prólogo deste encontro, o venres, 16, ás 20 horas, está prevista a celebración dun acto público, onde tomarán a palabra os distintos portavoces das organizacións sindicais, sociais ou políticas integradas nas Marchas da Dignidade. Xa o día 17, no salón de plenos do Concello, terá lugar a asemblea en sesións de mañá e tarde.

Cofirmaron  xa a súa asistencia ao cónclave os sindicatos IAC de Catalunya, o SAT andaluz, o ESK vasco, a Confederación Intersindical, a CGT, a CNT, Intersindical Valenciana e COBAS. Tamén ATTAC, Campamento de la Dignidad de Estremadura, Frente Cívico-Somos Mayoría e Corriente Roja, aos que se unirán máis centrais, organizacións sociais e políticas de Asturias, Catalunya, Euskal Herria, Madrid, Andalucía, Murcia e Valencia. Será tamén a forma de recoñecer a forza e activismo da Columna Galega, unha das máis activas dun movemento que prevé un bulideiro 2015.
O cónclave preparará a axenda de mobilizacións para este ano, que prevé unha folga xeral o 22 de outubro
Na asemblea de Cangas debaterase e praparanse os detalles para a folga xeral que o vindeiro 22 de outubro teñen previsto convocar as Marchas da Dignidade e todas as organizacións que as apoian. Tamén prevén repetir a multitudinaria mobilización do pasado 22 de marzo con outra que seguirá o mesmo modelo e que se desenvolverá o vindeiro sábado 21 de marzo, tamén en Madrid.

Ademais, as Marchas tamén teñen previsto convocar marchas polo Primeiro de Maio, unhas mobilizacións que "non significan invisibilizar o papel dos sindicatos clasistas e alternativos", senón "a necesidade de compartir o protagonismo cos movementos sociais, na liña estratéxica da unidade obreira e popular".

Reportaxe publicado en Praza Pública. | 11.01.2015

Praza Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].

Nota.- Recomendamos acceder á noticia en Praza Pública, con fotos, audios e comentarios.

Información complementaria sobre a Asemblea Estatal do vindeiro sábado 17 de Xaneiro: Acceder.
Asemblea da Plataforma Galega onde se ultimará a realización da Asemblea Estatal: NOVA CONVOCATORIA DE XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE LUNS DÍA 12 DE XANEIRO ÁS 17 HORAS: Acceder.
---


Contacta coas Marchas da Dignidade Ferrolterra enviando un correo a:
  • marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
ou chamando ao telefono:
  • 603 213 863


Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon