Auto-inxectores enfermos ELA.-
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra quere denunciar a situación actual dos enfermos de ELA -esclerose lateral amiotrófica- polo que expresan as súas queixas polas consecuencias dos RECORTES da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que consiste en administrar os seus medicamentos con AUTOINXECTORES antigos que os retrae aos usados hai 8 anos, segundo as súas denuncias.
As persoas afectadas de ELA denuncian esta situación e lembran soportaban mellor as súas medicacións cos AUTOINXECTORES modernos, os cales o SERGAS, substituíron por inxectores antigos, produto das políticas actuais de RECORTES.
Os profesionais especialistas médicos, manifestan o seu malestar e desconformidade con estas medidas que levan a soportar marcas e feridas nos enfermos/as con estes ANTIGOS AUTOINXECTORES. Para comprendelo, fan unha comparación cos enfermos de Diabetes que se autoinxectan a insulina cos seus inxectores, máis asépticos, cómodos e sen padecer marcas ou dolores innecesarios.
Outra cuestión a observar é a idea de ACOSTUMARSE a esta medicación con estes inxectores, que lembran non é doado aceptar estas situacións de saúde. Explican que son uns vinte enfermos/as nesta comarca de Ferrol, en diferentes graos.
Esta situación os leva padecer unha innecesaria peor calidade de vida polo que non se comprende este cambio de modelo de administración de medicamento, aínda que si reflexionamos e nos deixamos levar polo refrán "Pensa mal e acertarás" concluímos que estes RECORTES son aproveitados para confirmar aquela frase parlamentaria das bancadas dos populares "Que se jodan"..
Comprendemos que estes RECORTES na Sanidade Pública por parte do SERGAS levan a ter consecuencias nefastas para un pilar fundamental do estado do benestar como é a calidade dentro do sistema da Sanidade Pública.
POR ISTO.-
Esiximos a inmediata rectificación da Conselleira de Sanidade e retorne ao anterior sistema de administración con AUTOINXECTORES máis eficaces e modernos que demandan estes enfermos de ELA co obxectivo de facilitarlles unha mellor calidade de vida.
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.-
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com
Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
9 de janeiro de 2015 15:33
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon