Lidia Senra cualifica de “farsa” a resolución aprobada hoxe sobre a decisión dos estados en materia de OXM´s | Tachou de “delirio” que alguén poda crer na coexistencia de cultivos ecolóxicos e transxénicos sen contaminación dos primeiros. | Demandou unha directiva que prohiba os cultivos e alimentos transxénicos na UE e a inmediata paralización do TTIP.
Estrasburgo, 13 Xaneiro 2015. Dende onte, luns 12, e até o vindeiro xoves 15, está a ter lugar en Estrasburgo a sesión plenaria do Parlamento Europeo (PE). Na orde do día de hoxe someteuse esta mañá a debate e votación unha moción sobre a posibilidade de que os estados membros limiten ou prohiban o cultivo de transxénicos (organismos xeneticamente modificados, OXM).
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, na súa responsabilidade como representante do grupo parlamentario da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do PE, interviu durante o debate para denunciar a “auténtica farsa” que supón este texto.
“Vostedes saben mellor ca ninguén que a suposta liberdade dos Estados para decidir sobre os cultivos transxénicos é en realidade unha imposición xeralizada da alimentación transxénica”, salientou remarcando a hipocrisía dun acordo que, baixo a apariencia da liberdade de elección, abre en realidade as portas á presión dos intereses da industria da tecnoloxía xenética sobre os estados.
“Vostedes saben tan ben coma min que non é posíbel preservar libre de transxénicos a agricultura labrega, a agricultura orgánica e convencional”, reiterou, “a non ser que nos seus delirios pensen que van poder parar o vento ou os insectos”.
Asemade, Senra reivindicou como obxectivos principais do GUE-NGL en materia de agricultura “a biodiversidade, a saúde, o medioambiente, a agricultura labrega non dependente das multinacionais, a alimentación sa e a soberanía alimentaria”, polo que esixiu a elaboración e aprobación dunha directiva europea “para a prohibición dos cultivos transxénicos”, así como “a inmediata paralización do tratado de libre comercio entre a UE e os EEUU (TTIP)” que, de ser aprobado, permitiría neste caso ás transnacionais da tecnoloxía xenética denunciar a aqueles estados que prohiban ou poñan trabas á entrada de transxénicos no seu propio territorio.
Sesión Plenaria 13 de Xaneiro 2015
TEMA DA INTERVENCIÓN:
Moción sobre a posibilidade de que os estados membros limiten ou prohiban o cultivo de transxénicos.
TIPO DE INTERVENCIÓN:
Intervención durante o debate. Tempo de palabra do grupo parlamentario GUE-NG.
ACCESO Á INTERVENCIÓN:
https://www.youtube.com/watch?v=tQ0ZR5GIaOM&feature=y
[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde.
Máis información:
Lídia
Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en
Europa-GUE/NGL | Tlf: 609 845
861 | lidia.senra@europarl.europa.eu |
- http://www.europarl.europa.eu/
- https://twitter.com/LidiaSenra
- https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez
- http://lidiasenra.com/
- http://www.youtube.com/channel/UCJtR1TGcqGxleFqIDmKICBQ
- http://www.guengl.eu/
Información baseada na enviada por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
13 de janeiro de 2015 16:16
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon