XXI Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Este mércores 28 de xaneiro, está convocada unha nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra, que terá lugar ás 18:30hs no Ateneo Ferrolán.
Os puntos a debater serán os seguintes:
1. Información e análise das xuntanzas das Marchas (Coordinadora Estatal celebrada en Cangas e xuntanza da Plataforma Galega).
2. Proposta de colaboración co documental Angrois no esquecemento, (www.angroisnoesquecemento.com) sobre o accidente do Alvia en Santiago, a investigación e a reclamación de responsabilidades políticas.
3. Desenvovimento dos seguintes asuntos:
Planificación de eventos no calendario do 2015:
- Marcha a Madrid do 21 de Marzo.
- Manifestación do 26 de Febreiro.
- Folga Xeral do 22 de Outubro.
- Realizar unha xornada informativa sobre a débeda e a renda básica
- Creación dun boletín periódico das Marchas de Ferrolterra.
- Planificación de unha "volta a ría" facendo actos nas distintas localidades presentando as Marchas.
- Convocatoria ós desempregados para deixar copia da tarxeta do paro nas delegacións locais das autoridades. Barállase o 5 de Marzo como data para levala a cabo.
Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon