A Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño, denuncia publicamente o peche da Biblioteca Municipal que está instalada no barrio, no Centro Cultural Carvalho Calero. En nota pública, esta asociación veciñal, denuncia, "unha vez máis, os continuos peches da Biblioteca" e expresa a súa "queixa e decepción ante a falta de dilixencia e resposta municipal cara a un bo funcionamento de apertura diaria da Biblioteca Municipal do Centro Cultural Carvalho Calero, sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e lugar de estudo e consulta para estudantes". Seguen dicindo que lles parece "moi grave a falta de resposta das concellarías municipais de Cultura e Persoal ante a obriga de dar solución a este servizo co fin de que a cidadanía poda usar este referente cultural". Continúan na súa nota reivindicando "a apertura permanente da Biblioteca, ampliando horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as en xeral". Rematan a súa queixa e reivindicación, pedindo a "apertura da Biblioteca Municipal do Inferniño, acompañada de medidas de asignación de persoal cualificado e permanente para atender estas instalacións culturais", asinando a nota a Xunta Directiva da citada asociación veciñal.
A Asociación Veciñal “O ROSARIO – INFERNIÑO" de Ferrol, constitúe unha entidade sen ánimo de lucro, que ten o seu ámbito de actuación territorial coñecido histórica e popularmente como o barrio do INFERNIÑO, parroquia do Rosario. avvorosario@gmail.com. Móbil- 649 024612.
Blogue da Asociación:
http://www.orosario-inferninho.blogspot.com.es/
Conta no facebook:
https://www.facebook.com/asociacionvecinal.orosarioinfernino
Información baseada na enviada por:
A.Veciñal Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
14 de janeiro de 2015 23:05
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon