domingo, febreiro 15, 2015

Diferentes organizacións sociais, políticas, veciñais e sindicais de Ferrol, convocan unha mobilización unitaria contra a abusiva nova Taxa de Depuración e Saneamento


Diferentes organizacións sociais, políticas, veciñais e sindicais de Ferrol, convocan unha mobilización unitaria contra a abusiva nova Taxa de Depuración e Saneamento que se está pasando ao cobro en recibo semestral estes días, sen que a veciñanza, hosteler@s e comerciantes, saían do seu asombro polo incremento tributario que significa esta taxa a maiores das que xa se veñen pagando por unha poboación sumida no declive social e no desemprego, ou quen traballa con salarios reducidos e pensións conxeladas, tendo que manter ás familias que non cobran ningún tipo de subsidio, nunha cidade coa taxa de ocupación (38%) e actividade (49,9%) das máis baixas da Galiza e a de paro a segunda máis alta, chegando, segundo os últimos datos da EP, case a un 24%. Unha cidade que a estas alturas por mor das defuncións, a baixa taxa de natalidade e a emigración das persoas máis novas, debe baixar a barreira psicolóxica dos 70.000 habitantes, cando, hai menos de 20 anos, en 1996 eramos 83.048, segundo o padrón municipal (INE).

Acordos da xuntanza, de grande parte do tecido social de Ferrol, celebrada o mediodía do pasado venres 13 de  febreiro.
Reunidos no Concello de Ferrol as seguintes entidades:

PSdeG-PSOE, BNG, EU, Anova, Espazo ecosocialista,CIG,CCOO,UGT, Asociación López Bouza, Comisión de Saneamento Integral da Ría de Ferrol, AC Fuco Buxán, AVV San Xoan-Bertón, Marea Ártabra, AVV San Pablo e Federación de AVV Roi Xordo.

Trataron a problemática actual da taxa de saneamento e acordaron:

1- Facer un chamamento para unha convocatoria aberta   as asociacións de comerciantes e hostelería , veciñais e cidadanía en xeral  para unha reunión o luns 16 ás 17:00 na Galería Sargadelos de Ferrol.
2- Convocar unha concentración  na praza de Armas o día 19, xoves , ás 19:00 horas contra a taxa de saneamento que está a aplicar o goberno do PP.
Desde Ártabra 21 chamamos ao pobo de Ferrol, a participar na concentración de protesta do vindeiro xoves 19 de febreiro, ás 7 da tarde na Praza do Concello, diante do Palacio Municipal. Por un concello democrático, transparente e participativo. Polo retorno da auga a mans públicas, pola remunicipalización da xestión da auga, pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol.
---

Moi interesante artigo de Marcos Pérez publicado en Praza Pública co título "Crece o malestar en Ferrol pola nova taxa de saneamento", o pasado xoves 12 de febreiro de 2015. | Ir a Web.

Foto: José Mauel Rey Varela, visitando o Edar de Ferrol en Prioriño.

Información baseada na enviada por:
A.Veciñal Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
14 de fevereiro de 2015 11:03
http://orosario-inferninho.blogspot.com/
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon