xoves, febreiro 19, 2015

Xuntanza da Coordinadora Galega de PAHs e STOPs - Plataformas Anti-Desafiuzamentos da Galiza


O sábado 21 de Febreiro, vai ter lugar en Compostela, unha nova xuntanza das plataformas anti-desafiuzamentos da Galiza. No bar-restaurante As Marías (San Clemente, 32 - ver mapa). Antes da xuntanza, no mesmo lugar, mais sobre ás 10 da mañá, está convocada unha rolda de prensa onde se dará conta da nosa actividade e previsións.

Trata-se da primeira xuntanza, despois das mobilizacións coordenadas contra a criminalización e a represión dos movimentos sociais, para denunciar a represión que se está exercendo contra loita contra os desafiuzamentos. Mobilizacións celebradas a finais do pasado ano, pois a represión policial directa e as multas, están caendo sobre as nosas plataformas que loitan polo dereito humano a unha vivenda digna e adecuada, así como contra especulación financeira e inmobiliaria.

As plataformas de stop desafiuzamentos e afectad@s pola hipoteca, da Galiza, reúnen-se para coordinar asuntos de importancia para o movemento anti-desafiuzamentos, como a valoración da evolución do activismo en cada PAH/STOP desde a anterior xuntanza; ou a valoración das accións coordenadas realizadas contra a Lei Mordaza, e propostas de novas accións conxuntas. Tamén imos debater sobre a oportunidade de volver a promover unha IPL en defensa do dereito á vivenda, que incorpore tamén medidas contra a pobreza enerxética. Constituír grupos de traballo e coordinar a nosa participación na próxima asemblea estatal da PAH, o 7 de marzo, en Xixón. Debater sobre as posibilidades que pode presentar o período previo ás eleccións municipais do 24M para difundir e defender o dereito á vivenda fronte e a través dos concellos. E por último perfilar novos métodos para avanzar na coordinación das PAH/STOP galegas.

Nin casas sen xente nin xente sen casas!

Saúde e vivenda Digna !

Si se pode !

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
18 de fevereiro de 2015 20:33
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon