luns, marzo 23, 2015

Aclaracións de Podemos Narón sobre ás últimas novas aparecidas na prensa (dimisións, política local, actos, eleccións municipais, ... ) que afectan ao circulo local do novo partido político

O órgano responsable de Podemos en Narón desmárcase da última noticia aparecida en prensa relativa á dimisión de membros do Consello Cidadán Municipal, unha nota que en ningún momento foi contrastada coa responsable do área de prensa polo diario local que a difundiu e, polo tanto, non é unha nota oficial, o que demostra certa falta de rigor xornalístico por parte de devandito diario. A présa na publicación evitando concretar quen ou quen son os artífices de tal noticia parece encamiñada a unha única meta, causar desconcerto e dano no partido, o que como "afiliados" non lles deixa ben cualificados. O xoves da pasada semana, tivemos comunicación oficial da dimisión dun compañeiro que nos indicou segundo as súas palabras "non poder compaxinar a miña vida persoal co cargo para o que fun elixido" e que, xa con anterioridade, fixera alusión a este motivo. No entanto, este feito non transcendeu fóra do consello cidadán á espera de dar conta á asemblea.

Aproveitamos, ademais, para aclarar que Podemos Narón, non xestiona ningún equipo que concorra ás municipais, porque, Podemos Narón non se presenta ás eleccións municipais, e se desvincula das dúas candidaturas promovidas por dúas dos tres candidatos a Secretarios Xerais ao órgano municipal. Eliximos Narón e Somos Narón non son Podemos aínda que algúns dos seus integrantes estean inscritos no partido e/ou participen no círculo. Outra actividade informativa que temos pendente, é a de dar a coñecer o resultado dos expedientes disciplinarios abertos contra determinados inscritos, algúns dos cales promoven e/ou participan nalgunha das candidaturas que baixo a marca Podemos pretender concorrer ás próximas eleccións municipais.

Desde o órgano municipal do partido infórmase que para non dar lugar a malas interpretacións e manipulacións por parte de calquera lista suspéndense temporalmente as actividades de divulgación das Charlas-Debate sobre problemas e intereses de colectivos que afectan ao municipio, todo iso mentres non finalice o período electoral municipal. No entanto, continuarán reuníndose, traballando e contactando con todos aqueles que o vexan necesario sexan persoas ou colectivos. Podemos Narón está aberto ao que o necesite e/ou desexe participar co órgano municipal. Mostramos noso pesar pola escasa participación nas actividades promovidas polo partido, incluíndo asembleas e debates, pese ao nivel informativo das mesmas. Mostra diso foi a charla que demos este pasado día 21 de Marzo sobre a contaminación de nosa ría e que a pouc@s parece importarlles o futuro e a saúde nosa e das nosas fill@s. Isto non nos apartará do noso empeño por sacar adiante o partido, e que sexa unha ferramenta para as cidadás e cidadáns de Narón, fartos do ninguneo da administración local.

Isabel Allegue.
Prensa e Redes de Podemos en Narón
podemosnaron@gmail.com
http://www.facebook.com/podemosnaron
http://www.facebook.com/groups/podemos.naron/
https://twitter.com/PodemosNaron
Whatsapp e Telegram 687 464 463

Enviado por:
Podemos Narón
podemos.naron@gmail.com-
23 de março de 2015 18:05

Ola: Achego unha aclaración a unha noticia difundida onte por un medio local, por si interesa dar difusión. Un saúdo, Isabel Allegue. Prensa e Redes de Podemos en Narón.

_____________

5 comentarios

Ruego respeto a las críticas ,los que publican son responsabes de lo que publican y están expuestos alas opiniones de los de mas,
peinamos canas y no estamos dispuestos a pasar por el aro,
siempre se puede hacer publicidad negativa
el mundo esta globalizado y es muy pequeño
Aperta Digital

Él respecto no se tiene se gana o se pierde dia a día

A nota está chea de erros no que se refire a técnicas de comunicación.Como pode atacar a un periódico por non revelar as súas fontes!!!!.OU como no tramo final explica que o seu traballo non está sendo correspondido pola xente.....e a critican!!!!!non será que os que non valen son eles?

""Mostramos noso pesar pola escasa participación nas actividades promovidas polo partido, incluíndo asembleas e debates, pese ao nivel informativo das mesmas. Mostra diso foi a charla que demos este pasado día 21 de Marzo sobre a contaminación de nosa ría e que a pouc@s parece importarlles o futuro e a saúde nosa e das nosas fill@s"""".Señora Isabel,en una de sus ""famosas"" reuniones les pregunte por el programa que tenian,aun estoy esperando contestacion,ustedes deben pensar que los ciudadanos somos tontos.Ademas creo que se les ha subido a la cabeza,lo de ser consejo ciudadano,Me puede decir donde esta Sg?Como no vayan ustedes cambiando sus actitudes,Podemos Naron,se quedar en Quisimos pero no pudimos

Como promotor da Agrupación electoral SOMOS NARÓN, é ante as dificultades polas que está a
atravesar o actual órgano de dirección de Podemos Narón, quixera comunicarlles o seguinte:
1º-A decisión por unanimidade das 21 persoas que a día de hoxe conformamos a lista de SOMOS
NARÓN de non solicitar a Podemos Narón el aval para concorrer as eleccións municipais co apoio
de ese partido político.
2º-Esta decisión supón na práctica a renuncia de SOMOS NARÓN a presentarse como Agrupación
para as municipais, tal e como nos comprometiamos no caso de non ter o apoio de Podemos Narón,
e como é evidente renunciamos a el.
3º-O promotor desta iniciativa entende que a delicada situación que está a atravesar o actual CC de
Podemos Narón, con catro demisións,dúas na última semana,e orfa de Secretario Xeral, fai
necesario que os esforzos, os de todos/as, vaian na dirección de consolidar un proxecto de futuro
como organización política que poda ser un referente para a sociedade naronesa adiando a
candidatura municipal, ata conseguir a madurez política necesaria para levar a cabo este proxecto.
4º-A día de hoxe, vista a situación do CC naronés parece evidente e necesaria, desde o meu punto
de vista,a reestruturación de Podemos nun novo proceso asembleario onde, corrixindo errores do
pasado e do presente, sexamos quen de fornecer a Podemos dun órgano de dirección que inclúa a
figura do S.G. así como un CC completo que se estruture organizativamente cunha clara vocación
municipalista.
5ª- A miña intención é seguir traballando como militante de base, renunciando desde este mismo
momento a presentarme a calquera elección sexa para S.G. ou para un novo CC. Dada a situación, e
a falta de efectivos para levar a cabo o traballo de xeito ordenado e serio, espero dos membros que
quedan no CC a mesma xenerosidade, fuxindo de protagonismos, é que entre todos podamos
debuxar un mellor e máis forte Podemos en Narón , acorde coas expectativas creadas no seu
momento a través dun movo proceso asembleario,onde os cidadáns sexan de novo protagonistas
´


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon