O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID, CAMIÑO DA FOLGA XERAL
A PAN TRABALLO E TEITO O POBO TEN DEREITO!!
Hai un ano, o 22 de marzo do 2014, un millón de persoas manifestabámonos en Madrid convocadas por centos de organizacións sociais, sindicais e cidadáns para protestar pola situación de explotación, miseria, recortes e ataques aos dereitos máis básicos que estamos a atravesar. Alí estivo a Columna Galega das Marchas da Dignidade apoiando a necesidade de combater tanta agresión. Agora, de novo, miles de persoas dos diferentes territorios e nacións do estado, e centos de loitas e causas xustas berraremos “a pan traballo e teito o pobo ten dereito!”. En Madrid a Columna Galega partirá andando da estación de tren de Chamartín ás 15:00hs até os xardíns do Descubrimento, na zona de Colón (6,4 km) onde rematará a marcha con un gran acto final onde confluirán na Praza de Colón, ás 6 da tarde (18:00hs) todas as Marchas que proceden dos diferentes territorios e nacións do Estado.
Prezo do AUTOBÚS A MADRID (Ida/Volta): 28 euros | Saída ás 6 da mañá do sábado 21 de marzo, DESDE FERROL, da Praza Dez de Marzal, entre as Casas Baratas e As Pías, pasando por Caranza, Fene e Cabanas e volta desde Madrid entre as 11 e 12 da noite
Telef. das Marchas da Dignidade Ferrolterra para anotar-se nos Autobuses: 603 213 863
De interese:
- Buses de 55 prazas, adaptados para o aceso de persoas con mobilidade reducida que usen cadeira de rodas, cómodo, con baño, neveira pequena para quen queira poñer arrefriar algo e cafeteira.
- Prezo do billete (ida e volta) 28 euros.
- Límite para anotarse 19 de Marzo ás 18:30 horas.
- Límite para anotarse as persoas que usen cadeira de rodas 17 de Marzo ás 18:30 horas.
- Quen queira vir nos autobuses ten que dar o seu nome e un teléfono de contacto.
- A cada marchista se lle entregara un billete e unha folla de ruta con todos os datos básicos e os números de telefono das persoas responsábeis de cada autobús.
- SAÍDA ás 06:00hs do sábado 21 de Marzo desde a praza "10 de marzal" en Ferrol (entre as Pías e as casas Baratas).
- PARADAS para recoller a marchistas: Caranza, Fene e Cabanas.
- MANIFESTACIÓN cando cheguemos a Madrid concentrámonos a Columna Galega na estación de Chamartín e saímos andando até Colón, son sobre 6,4 Km. Onde se finalizará a Marcha .
- VOLTA entre as 23:00 e as 24:00 do sábado 21 de marzo.
- Recomendacións calzado cómodo, mirar a predición do tempo en Madrid para saber a roupa de abrigo a levar, levar bocadillos e auga.
Marchas da Dignidade Ferrolterra
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
Telefono: 603 213 863
Vindeiros eventos das Marchas da Dignidade Ferrolterra:
- AS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA ORGANIZAN A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "ANGROIS NO ESQUECEMENTO" E UN POSTERIOR DEBATE, ESTE VENRES 13 DE MARZO ÁS 7 DA TARDE
https://www.facebook.com/events/366637976856254/ - TODOS OS XOVES ÁS 11:30 DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL
https://www.facebook.com/events/835864166480712/ - O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID
https://www.facebook.com/events/863612993696349/
André M. Ces
-andre.martinez.ces@gmail.com-
13 de março de 2015 00:28
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon