mércores, marzo 18, 2015

Constituída a Iniciativa Cidadá de Mugardos - José Antonio Cortizas Vázquez e Javier García Dieste, presentanse ás primarias da iniciativa cidadá


Constituída a Iniciativa Cidadá de MugardosA veciñanza mugardesa organizada na procura da normalización da participación política, aberta e colaborativa.

Así comeza o seu manifesto:
"Existe un desexo de profundo cambio social, incubado durante anos con antecedentes nas políticas alternativas xurdidas en Porto Alegre, e que tivo no noso país o seu primeiro estoupido hai 4 anos no 15M e hoxe co nacemento de novas formas de estructuar a participación política da sociedade. En Mugardos somos tamén moita xente que desexa dar ese paso histórico en prol de novas formas de facer política que, temos o convencemento, serán as que rexan o futuro".
José Antonio Cortizas Vázquez e Javier García Dieste, presentanse ás primarias da iniciativa cidadá. O xoves día 19 de marzo, remata o prazo para candidatar-se. Todo isto aberto a tódalas persoas que asinen o Manifesto, polo que canta mais xente participe máis representativo será.

Explicación rápida:

Que se elixe?
Escóllense as persoas que integrarán a candidatura da Iniciativa Cidadá de Mugardos nos 7 primeiros postos.

Quen pode votar?
Todas aquelas persoas maiores de 16 anos residentes en Mugardos que teñan asinado publicamente o Manifesto antes do 25 de marzo.

Quen pode candidatarse para ser elixida/o?
Todas aquelas persoas maiores de 18 anos que subscriban o Manifesto e Código Ético e conten co aval de 5 persoas asinantes do Manifesto.

Como se elixe o resto da candidatura?
Farase de xeito consensuado ou maioría en asemblea aberta. O mesmo acontecería co primeiro tramo da candidatura de non acadar 7 candidatas/os que garantan o cumprimento da lei de paridade."

Toda a información ao detalle podédela atopar aquí noa súa web | Ir á web.

Para coñecer a iniciativa mugardesa hai varios sitios na rede, como a súa web, a conta de facebook ou de twitter, mais é unha iniciativa participativa que realiza actos polas parroquias e barrios mugardeses. A intención da Iniciativa Cidadá de Mugardos é a de formar parte da cooperación dos espazos de unidade a nivel galego, xunto ás mareas, candidaturas de unidade popular e outras iniciativas municipalistas.

Quen son? así respostan as propias persoas que promoven a Iniciativa:

Quen somos?

Somos un grupo de veciñas/os con ilusión, que perante a posibilidade de poder decidir que Mugardos queremos nos vindeiros anos, damos un paso adiante para que se nos escoite e se teña en conta o noso proxecto. Contamos cun amplo grupo de traballo aberto, con xente de todas as parroquias para facer de ponte entre os nosos veciños e o Concello. A Iniciativa Cidadá de Mugardos é unha alianza de persoas, non de siglas, polo que non dependemos de intereses alleos ás nosas propias veciñas e veciños. Chegou a hora de que sexamos todos os cidadáns do municipio os que tomemos as rendas do noso pobo.

Que queremos?

Queremos que se nos escoite, participar na construcción do Mugardos do futuro. Queremos vivir nun pobo xestionado con transparencia, que as veciñas e veciños sexan tidos en conta cada día do ano, non cada catro anos. Queremos abrir as portas e as fiestras para que entre aire fresco no Concello e que entre todos fagamos de Mugardos un lugar do que sentirnos orgullosos.

Que ofrecemos?

Ofrecemos cercanía, compromiso coa veciñanza, capacidade humana para sacar todas as ideas adiante. Ofrecemos transparencia, traballo duro nun ambiente de cordialidade co resto de compañeiras/os políticas/os. Ofrecemos a posibilidade de que tódalas persoas de Mugardos poidan participar nas decisións importantes do noso Concello. Ofrecemos as nosas mans para traballar e os nosos oídos para escoitar.

Para contactar:
iniciativacidadademugardos@gmail.com

http://www.iniciativacidadademugardos.org/

https://www.facebook.com/iniciativacidadademugardos

https://twitter.com/icmugardos


______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon