luns, abril 13, 2015

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca unha concentración, para o martes 14 de Abril na Praza do Concello de Ferrol ás 20h


No seu momento, o dimitido exministro de xustiza Alberto Ruiz-Gallardón,  intentou a reforma do actual marco lexislativo do dereito ao aborto, pretendía-se unha reforma total co obxectivo de mudar o actual modelo de lei de prazos por unha lei de supostos restritivos (é dicir que o interrupción volun¡taria do embarazo, non fose un dereito da muller). Máis tarde a través dunha lei de axuda á familia, e agora, o pasado o 27 de febreiro, o grupo parlamentario do Partido Popular, presentou unha proposición de Lei Orgánica no Congreso, para suprimir o artigo que recoñece en exclusividade o poder de decidir ás mozas entre 16 e 18 anos, de  someterse á interrupción que contempla a Lei.

Mañá martes día 14 de abril, no Pleno do Congreso, pretende-se aprobar a Proposición de Lei Orgánica que suprime o artigo referido á potestade das mozas para decidir interromper o seu embarazo, obrigándoas a ter o consentimento paterno/materno ou do titor/a legal.

Por este motivo están convocadas mobilizacións, en todo o Estado. Na Galiza terán lugar en diferentes cidades e vilas, convocadas pola Plataforma Galega polo dereito ao Aborto.


CONCENTRACIÓN DA PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO DE FERROLTERRA

A MMM de Ferrolterra estaremos na concentración que a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca para o martes 14 de Abril na Praza do Concello de Ferrol ás 20h

Non podemos consentir que dende este Goberno do PP digan que o aborto non é un dereito, non podemos consentir que pretendan privar dese dereito ás mulleres de 16 e 17 anos.

Por iso facemos un chamamento á cidadanía da comarca para que se sume á concentración da PGDA.

Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres

--
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
10 de abril de 2015 19:42
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon