martes, maio 05, 2015

A candidatura de Esquerda Unida de Narón achegouse ate a cementeira de Castro para seguir denunciando o que consideran un atentado ecolóxico - Quentando motores cunha sesión fotográfica no paseo de Xuvia


ESQUERDA UNIDA DE NARÓN ESIXE O CUMPRIMENTO DA SENTENZA XUDICIAL SOBRE A CEMENTEIRA DE CASTRO.

A candidatura de ESQUERDA UNIDA DE NARÓN achegouse ate a cementeira  de Castro para seguir denunciando o que consideran un atentado ecolóxico. Tamén esixen o concello que cumpra co seu deber, pois non é comprensible a súa inactividade despois dunha sentencia xudicial que da a razón as veciñas e veciños, e que obriga a súa demolición. Dende Esquerda Unida recordase o concello de Narón que a lei ten que ser igual para todos, xa sexa un particular ou unha empresa, e que o concello ten a obriga de cumprir con a súas responsabilidades na defensa dos intereses da cidadanía e do cumprimento da lei.

Quentando motores cunha sesión fotográfica


A candidatura de ESQUERDA UNIDA DE NARÓN quenta motores cunha sesión fotográfica no paseo de Xuvia, en moi bo ambiente o equipo de traballo de EU Narón prepara o comezo da campaña electoral, dende EU Narón afróntase estas eleccións municipais con moito optimismo e moita ilusión.

O candidato á alcaldía de EU Narón comentou ás súas compañeiras e compañeiros que en Narón "somos a única candidatura con garantía real de cambio para a nosa cidade, temos un programa e mantemos unha liña sería e consecuente, non somos vendedores de fume, en Esquerda Unida temos un proxecto de presente e de futuro para Narón", tamén animou a "traballar con ilusión para que as veciñas e veciños de Narón coñezan as nosas propostas".



ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
5 de maio de 2015 00:14
Naron Esquerda Unida
eu-naron@esquerdaunida.org
4 de maio de 2015 22:40

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon