venres, xuño 19, 2015

O Comité Cidadán de Emerxencia presentou Alegacións contra a proposta de prorrogar por 15 anos mais a concesión a Reganosa - Enlace ao moi interesante escrito de Alegacións

Tags


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol presentou diante da Autoridade Portuaria de Ferrol-San - Cibrao, Alegacións contra a proposta de prorrogar por 15 anos máis a concesión a Reganosa

O CCE ven de presentar diante a Autoridade. Portuaria de Ferrol-San.Cibrao o documento de Alegacións contra a proposta de prorrogar por 15 anos mais a Concesión a Reganosa. Un documento onde se proba que as pretensións de Reganosa carecen de fundamento.

Segundo os representantes de Reganosa dado que, a concesión outorgada en Maio de 1997 foi para usos de Forestal, consideran que as obras realizadas por Forestal nos anos 1999 e 2000 son as iniciais e que as inversións realizadas a partires do 2004 na construción da planta de gas (ao non estar previstas na concesión orixinal) serían consideradas unhas inversións a maiores, superando o 20% da obra de Forestal, o que lles permitiría solicitar a ampliación da concesión.

Unha vez mais atopámonos co proceder fraudulento dos promotores de Reganosa, recoñecendo que a concesión outorgada en 1997 foi solicitada por Forestal e para usos e actividades de Forestal e que, unha vez acadada e cando anuncian a instalación da planta de gas.

Polo tanto desde o CCE se mantén e así se recolle tanto na solicitude de concesión do cambio de usos de xuño de 2001, como na acta final de recoñecemento das obras, de 3 de maio de 2007, onde separan claramente as obras feitas por Forestal e as realizadas por Reganosa en base ao proxecto que serviu para o outorgamento da concesión. A inversión da planta de gas, mais aló dos enganos de Reganosa, é a que hai que considerar, e polo tanto non hai razón algunha para acceder a súa solicitude , xa que só houbo unhas únicas obras

Non so hai razón para denegar a solicitude da prórroga, senón que a Autoridade Portuaria debe retirarlle a concesión, unha vez demostrada a falsidade dos datos aportados no seu momento para acadar autorizacion de funcionamento asi como as ilegalidades cometidas:.

Unha concesión outorgada para outros usos.

Unhos recheos e dragados, e planos de auga ilegais.

A planta  de Reganosa non é estratéxica para Galicia. Tal e como se dixo, a súa produción diminúe cada ano: en 2014 foi do 28.6%. Os gasodutos pechados teñen a capacidade suficiente para subministrar gas a Galicia.

A planta de Reganosa nunca foi declarada de interese público.

Levamos pagado perto de 500 millóns de euros, xa que forma parte do chamado déficit enerxético que fai que paguemos pola enerxía unha das taxas mais altas de Europa.

Una instalación ilegal segundo a sentencia do Tribunal Supremo de 11 de Maio de 2102.

Unha instalación perigosa que ameaza a vida de miles de persoas. Unha instalación nociva para o ecosistema da Ria

Ferrol a 18-06-2015

Comité Cidadán de Emerxencia  para a Ría de Ferrol

Foto Ría de Ferrol, Reganosa no concello de Mugardos, no marxe sur da Ría, na foto no centro á dereita.

Escrito de Alegacións | Acceder/Baixar.

Pasaron xa tres anos desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
18 de junho de 2015 19:01
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon