SOLIDARIEDADE GALEGA COAS PERSOAS REFUXADAS
Domingo 13 de Setembro.
Ante a crise humanitaria que se está a vivir en Europa, a CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas (pola CIG, CCOO, UGT, BNG, EU, ANOVA, PSOE, Podemos e Asemblea de Cooperación pola Paz) para este domingo, 13 de setembro, en apoio ás persoas refuxiadas e desprazadas. As manifestacións e concentracións, convocadas por organizacións sindicais, políticas e sociais e abertas á novas adhesións, realizaranse nas sete cidades galegas.
Nas últimas semanas estamos a ver a diario na prensa como milleiros de persoas tentan chegar a Europa na procura de protección, empurradas polas inhumanas condicións que sofren nos seus países de orixe ou polas situacións de conflito bélico das que se ven obrigadas a fuxir .
Non cómpre perde de vista que estas persoas foxen dos seus países como consecuencia da guerra e destrución causada polas sucesivas actuacións imperialistas dos EEUU e dos seus aliados europeos; sendo os responsábeis últimos desta situación de emerxencia humanitaria.
Porén, nun exercicio de cinismo e hipocrisía absoluta, os Estados e institucións europeas non están respondendo adecuadamente a esta crise humanitaria, mesmo dándose casos de gobernos que promoven ou practican actuacións que vulneran os dereitos e tratados internacionais a respecto das persoas refuxiadas ou desprazadas.
É urxente que se poña fin á guerra en Siria e as intervencións militares dos Estados Ocidentais na zona, especialmente no Kurdinstán e se promovan activamente a vía pacífica e a negociación para lograr a resolución dos conflitos respetando sempre a soberanía dos pobos. Así mesmo, é urxente a retirada de todas as forzas militares norteamericans e estranxeiras dos países de Oriente Próximo e Norte de Africa.
Europa e o Goberno español non pode ficar agora impasíbel ante semellante crise humanitaria. É vergonzoso que as institucións europeas se mostren incapaces de acoller en condicións dignas as 400.000 persoas que, segundo EUROSTAT, chegaron en situación de risco ou persecución no que vai deste ano 2015.
Por todo isto, e baixo o lema «Solidariedade galega coas persoas refuxiadas», a CIG anima a participar nas mobilizacións que esta fin de semana terán lugar en toda Galiza.
HORAS E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS:
- A Coruña: ás 12 h, praza da Palloza.
- Ferrol: ás 12 h, praza de España.
- Santiago de Compostela: ás 12 h, praza do Obradoiro.
- Lugo: ás 12:30 h, Subdelegación do Goberno.
- Ourense: ás 12 h, Subdelegación do Goberno.
- Pontevedra: ás 12 h, praza da Ferreiría.
- Vigo: ás 12 h, Museo de Arte Contemporánea (MARCO).
Executiva Confederal da CIG
Nota: esta mensaxe foi enviada desde un enderezo de correo electrónico que non acepta mensaxes entrantes. Por favor, non respondas esta mensaxe, para calquera tipo de consulta ponte en contacto coa túa Unión Local ou Comarca de afiliación.
http://www.galizacig.gal/avantar/
Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
cig@cig-galiza.org
11 de setembro de 2015 10:40
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon