luns, outubro 19, 2015

Os 7 Meses de viaxe da Marcha Mundial das Mulleres, ... Por Belén Aneiros López


Por Belén Aneiros López [*]
19.10.2015


Kurdistán, Turquía, Grecia, Romanía, Kosovo, Serbia, Bosníaca-Herzegovina, Croacia, Austria, Suiza, Francia, España e finalmente Lisboa, Portugal. Este foi o percorrido final da Caravana Feminista da Marcha Mundial das Mulleres, un movemento antipatriarcal, anticapitalista, anticolonialista e antimilitarista no contexto internacional. Carolina, Miriam, Trude, Ana,... as mulleres da Caravana escoitaron testemuños doutras mulleres en situación de guerra "non convencional", militarización con exércitos privados ou fundamentalistas, que separan ás familias, apodéranse dos seus recursos naturais, das súas forzas e os seus corpos.

No Kurdistán e Turquía contáronlles como as terras, a auga e as sementes sonlles arrebatadas para xerar enerxía para unha pequena elite que só vela por si mesma. En Grecia cóntanlles como intentan confinar ás mulleres ao espazo doméstico, polas súas políticas austericidas, neoliberais, capitalistas e individualistas. E o mesmo que en Grecia pasa en Bosnia, Croacia, Austria, Suíza ou España. En cada país percorrido escóitase como grupos fascistas, fundamentalistas de diferentes crenzas relixiosas, conservadores no peor sentido da palabra, intentan constantemente controlar os nosos corpos, o traballo e a nosa sexualidade, impoñendo un modelo heteronormativo de vida, atacando a autonomía, o dereito ao aborto e tratándonos como incubadoras das súas aspiracións nacionalistas.

Puideron ver até que punto este modelo social hexemónico pretende confundirnos, convencéndonos de que as nosas loitas son innecesarias, comprobaron as poucas mulleres que hai en espazos de poder, pero a costa de moitas outras explotadas en todo o mundo.

As mulleres estamos hoxe traballando na construción de nosas propias alternativas feministas, baseadas na reconstrución do noso propio coñecemento ocultado durante séculos e das nosas prácticas diarias, fomos suprimidas de forma intencionada do discurso dominante co fin de deixarnos ao carón. Chegamos á conclusión de que a pobreza, a violencia, a inmigración forzada e o terrorismo tamén son expresións de violencia que sufrimos as mulleres, nenos e comunidades marxinadas.

Condenamos a actitude da Comunidade Internacional, en particular a da Unión Europea, pola súa resposta na crise dos refuxiados. Presenciamos arrepiadas como a vida humana non vale nada, como as persoas están fuxindo dos seus países, intentando fuxir do terrorismo, das guerras (alentadas polos Estados Unidos e os seus aliados Occidentais, como pola industria armamentística) e o fundamentalismo. Millóns de cidadáns europeos estiveron tomando as rúas para abrirlles as portas ás persoas que foxen de Palestina, Siria, Libia, Iraq, Kurdistán e outros territorios da zona. Seguimos demandando aos nosos gobernantes e a todo o mundo a solidariedade, repetimos que os refuxiados non son o noso inimigo, son as nosas irmás e irmáns que escapan de situacións de violencia extrema provocadas por un sistema inxusto. O racismo estase estendendo amplamente en moitos territorios.

Iniciouse a Caravana Feminista Europea na cidade kurda de Nusaybin o pasado 6 de marzo de 2015 como solidariedade feminista con Sara Kaya que foi elixida o ano pasado como co-alcaldesa desta cidade co 91% dos votos do pobo e que demostrou estar realmente comprometida coa nosa causa e o noso movemento. Por desgraza, foi arrestada e destituída pola súa declaración sobre a autodeterminación.

Finalmente reuninme con elas o 17 de Outubro en Lisboa para acabar co que segundo dixeron literalmente A Caravana Feminista foi unha gran aventura. Onde dentro dun acto final da caravana mostráronnos todas as vivencias destes sete meses cheos de actos por cada un dos pobos ou cidades por onde pasaron, onde foron recibidas, onde gozaron da hospitalidade das nosas irmás.


[*] Belén Aneiros López, participa na Marcha Mundial das Mulleres en Ferrolterra e é Responsable da Área da Muller en Esquerda Unida Narón.

Enviado por:André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
19 de outubro de 2015 12:5
5

______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon