domingo, decembro 27, 2015

De fondo Reganosa: Ao menos 100 persoas mortas pola explosión dunha pequena planta de gas en Nnewi (Nixeria), pertencente a Inter Corp Oil Limited Gas (Chicason Group)

Tags


Este xoves 24 de decembro, produciuse unha explosión nunha Planta de Gas en Nnewi (Nixeria), de Inter Corp Oil Limited gas. Unha pequena planta para recarga de bombonas de GLP, onde estaba descargando un camión cisterna que ante unha mala manobra de descarga provocou o accidente. Un só camión de 20 toneladas acaba coa vida de 100 persoas e numerosas persoas feridas, que é o que podería pasar, cun accidente dun buque gaseiro con decenas de miles de toneladas descargando en Reganosa ou algún dos camións cisterna que cargan na terminal da Planta de Gas en Punta Promontorio?Ante un accidente destas características, sempre de fondo Reganosa, pois os accidentes nunca se agardan, mais producen-se, por iso unha planta de gas destas características nunca se debeu construír no corazón da nosa Ría, produto da corrupción económica e política.

Di o Comité Cidadán para a Ría de Ferrol que "polo menos 100 persoas morreron ... na explosión dunha planta de gas ao sueste do país. O sinistro tivo lugar cando un camión cisterna fixo unha mala manobra e descargou o contido dos tanques sen contemplar o tempo de refrixeración obrigatorio". Continua a nota de denuncia do Comité:  "Logo da descarga produciuse unha gran explosión, seguida dun incendio que afectou á planta de gas e aos edificios e vehículos próximos ao accidente. Segundo a axencia de noticias Associated Press, entre operarios da fábrica e veciños que circulaban pola zona contabilizáronse polo menos 100 vítimas mortais e numerosos feridos. A empresa en cuestión pertence á firma Inter Corp. Oil Limited, dedicada ao tratado de gas licuado". Para erematar o Comité Cidadán de Emerxencia lembra que "Reganosa, situada no interior da nosa ría por mor dun pelotazo especulativo, consentido polas Administracións, é un risco permanente para toda a poboación da comarca".

A nova emitida polas axencias de noticias:
"Decenas de persoas" morreron o xoves na explosión dunha planta de gas do sueste de Nixeria, anunciou este venres o presidente nixeriano Muhammadu Buhari.

A explosión produciuse ás 13h00 (12h00 GMT) do xoves en Nnewi, nunha planta de Inter Corp Oil Limited gas, filial do conglomerado Chicason Group, e provocou un incendio que durou catro horas e destruíu edificios contiguos.

Cando os bombeiros lograron sufocar as chamas, apareceron cadáveres carbonizados no chan cuberto de cinzas, segundo medios locais.

As chamas destruíron varios depósitos de gas, así como automóbiles e bicicletas aparcados a proximidade da planta.

Buhari asegurou nun comunicado que estaba "moi conmovido e conmocionado por tantas perdas humanas nun único accidente industrial".

Un anterior balance policial mencionaba a oito falecidos no accidente.

"Era unha enorme fogueira", dixo o portavoz da policía Ali Okechukwu, que precisou que seis persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas a un hospital.

"As causas [da explosión] aínda están por determinar. Varias persoas perderon a vida. Algunhas sufriron queimaduras de distintos grados", declarou o gobernador do Estado de Anambra, Willy Obiano, á cadea Channels Television.

Alimentado polo gas, o incendio propagouse de forma instantánea, indicou á AFP James Eze, portavoz da axencia nacional de situacións de urxencia. "Todas as instalacións situadas nun área de 300 metros foron incendiadas, e unhas casas situadas a 400 metros foron alcanzadas" polas chamas, engadiu.

- Accidentes frecuentes -
"O lume [era] tan forte que converteu os ósos en cinzas, pero ninguén veu buscar información sobre unha persoa desaparecida", explicou Eze.

Segundo fontes locais, a explosión produciuse despois de que un camión descargase varias bombonas de gas para uns clientes antes das festas de Nadal.

Outras fontes aseguraban que o estalido ocorreu mentres o persoal levaba un contedor de gas cunha fuga a un vertedeiro da empresa.

"Vin a explosión e díxenlle á xente ao meu redor que tiñamos que correr, que era moi perigoso", contou Chika Nwokolo, unha empregada que sobreviviu ao incendio.

"Corremos pero a onda expansiva alcanzoume por detrás e caín", explicou, sinalando as feridas na súa cabeza.

Chicason Group, con sé en Lagos, é un conglomerado empresarial nixeriano con múltiples actividades: construción, fabricación de obxectos de plástico, produtos alimentarios e tamén petróleo e gas, etc.

A cidade de Nnewi é famosa por ser un centro do comercio de pezas de recambio para vehículos.

Nixeria é o primeiro produtor africano de petróleo, que constitúe a súa maior fonte de ingresos.

Os accidentes como o do xoves son frecuentes no país, e adoitan producirse despois de que ladróns de petróleo danen os oleodutos.

En xullo, 12 persoas morreron e tres resultaron feridas nunha explosión ocorrida durante as obras de reparación dun oleoduto no delta do Níxer.

Nos últimos 10 anos, centos de persoas morreron en explosións similares en Nixeria, a primeira economía de África.

Nixeria perde o equivalente a 300.000 barrís de petróleo ao día por culpa das bandas que rouban cru nos oleodutos, segundo a compañía petroleira nacional.

https://youtu.be/BPRiQt4Wcn4

---
Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
Reganosa e Forestal del Atlántico no corazón da ría de Ferrol


O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
26 de dezembro de 2015 16:41
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon