Hoxe 30 de Decembro de 2015, no último pleno do ano, o concelleiro André Abeledo de Esquerda Unida de Narón defenderá tres mocións: unha primeira moción da veciñanza de Castro sobre a Cementeira, xa ilegalizada polo Tribunal Supremo; unha segunda moción para combater o VIH-SIDA que EU Narón redactou xunto co PSOE a que tamén se suman TEGA, BNG e ELIXIMOS; e unha terceira moción para declarar a Narón "Vila Libre de Circos con Animais" promovida por LIBERA e respaldada por máis de 20.000 sinaturas.
MOCION DE EU NARÓN CEMENTEIRA CASTRO
Por segunda vez Esquerda Unida de Narón vai ter o honor de ser a voz das veciñas e veciños de Castro neste Pleno, novamente as concelleiras e concelleiros deste consistorio temos a oportunidade de facer xustiza a tantos anos de loita, a 12 anos de loita exemplar.
Esquerda Unida volve a defender unha moción dos veciños de Castro coa mesma forza e convicción que a primeira, sabendo que os ampara a razón, a xustiza e as sentenzas xudiciais.
Agardamos que esta vez ninguén sexa capaz de darlles as costas, hoxe faise unha reclamación tan simple como lóxica, reclaman o amparo dos seus concelleiros e concelleiras, esixen que nos poñamos do seu carón na loita contra os poderosos e para iso só nos piden que digamos o que todos xa sabemos, QUE TEÑEN RAZÓN, que durante todos este tempo cometeuse UNHA GRAN INXUSTIZA, que as sentencias están para cumprilas.
So piden que nos posicionemos coa legalidade, que manifestemos a favor de que se cumpran as sentenzas e que demos traslado a quen corresponde.
A nos como os seus representante, como os seus servidores, correspóndenos estar a altura para que hoxe non se produza outra inxustiza inxustificable para quen debemos representar, servir e defender, que son as veciñas e veciños de Narón e no a calquera outro tipo de interese.
MOCIÓN VIH/SIDA
O lema da ONU é: “A resposta rápida para acabar co VIH/SIDA” co obxecto de poñer fin a epidemia, como parte dos obxectivos da ONU de Desenvolvemento Sostible.
Pois ben, a política inxusta e insolidaria da Xunta de Galiza, consistente no recorte indiscriminado de axudas e subvencións ós Comités Cidadáns Anti-Sida e as súas casas de acollida terá como resultado todo o contrario ó que propón a ONU.
Na Galiza hai máis de 2000 persoas infectadas por VIH e entre un 30 e un 40% máis descoñecen a súa ser seropositivos.
Criticamos tamén que a industria farmacéutica actúe habitualmente dun xeito puramente mercantil, sen responsabilidade social algunha.
As mellores armas para loitar contra o SIDA están en nos mesmos. A mellor vacina é a solidariedade coas persoas afectada por VIH.
Esquerda Unida urxe a todas as Administraciósn para que impulsen campañas de prevención e atención e esiximos á Xunta que se alonxe destas políticas de recortes indiscriminados.
Esiximos á Administración que asuma a súa responsabilidade neste eido, con xustiza e solidariedade, con sentido comunitario, pois como dicía Eduardo Galeano: “O sentido comunitario é a forma máis fermosa de exercer o sentido común”.
MOCIÓN EU NARÓN “VILA LIBRE DE CIRCOS CON ANIMAIS”
Dende Esquerda Unida defendemos que os animais non deben ser vítimas de maltrato ou violencia, como tampouco deben estar suxeitos a actos que lles supoñan sufrimento físico ou psicolóxico, cuias consecuencias tradúzanse en alteracións do comportamento.
Os circos con animais, non poden atender as necesidades dos mesmos, cativos nas súas instalacións e os seus transportes, nin ofrecen unha educación medio ambiental apropiada xa que promoven unha visión terxiversada e falsa dos animais, resultando incluso antieducativos para os menores de idade, que constitúen o público maioritario destes espectáculos.
Ningún municipio debería permitir o maltrato animal como espectáculo e Narón ten unha oportunidade para rematar co uso de animais en circos.
Na Galiza son xa moitos os municipios, entre eles Lugo, Vigo e Ourense, que declaráronse “libres de circos con animais” impedindo que estes espectáculos que explotan fauna silvestre e domestica podan facer negocio co sufrimento e a catividade de especies como tigres, hipopótamos, e incluso cans.
Esta moción ven ademais respaldada por máis de 20.000 apoios a xeito de sinaturas.
Permitídeme rematar con tres frases de tres persoeiros:
"Hai pasos sinxelos que cada un de nos pode seguir para eliminar a explotación de outros seres. Un destes pasos consistiría en negarnos a visitar os circos que usen animais. Cando os vexo cativos nos circos, penso na escravitude. Os animais nos circos representan a dominación e a opresión contra as que temos loitado durante tanto tempo. Eles cargan cos mesmos grílletes e cadeas”. (Dick Gregory, activista polos dereitos civís)
"A grandeza duna nación e o seu progreso moral pode ser xulgada polo xeito en que os seus animais son tratados". (Mahatma Gandhi, aciyivata polos dereitos civis e anon violencia).
"Quen é cruel cos animais, non pode ser boa persoa". (Arthur Schopenhauer, filosofo polaco-alemán).
Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Foto: Casa do Concello | Galipedia.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
30 de dezembro de 2015 00:50
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon