terça-feira, dezembro 08, 2015

Rádio Filispim, libre e comunitaria da Terra de Trasancos, segue celebrando os seus dez anos nas ondas, desta vez inaugurando a Exposición "10 anos de historia filispiniana", no Ateneo Ferrolán - Este xoves 10 de Decembro ás 8 da tarde, agardan por todos vós


A prehistoria do Colectivo OPAÍÍ-Rádio FilispiM remóntase á desaparecida emisora universitaria Radio Kaos. Tras o verán de 2003, algunhas voces que xa participaran da mencionada experiencia sentían a necesidade de volver ás ondas e outras persoas interesáronse na idea. Após varias asembleas en locais de ocio, o 28 de novembro de 2003 fixeron un primeiro chamamento aberto á cidadanía para presentar esta iniciativa de crear unha nova emisora. Desta vez sería un medio libre, independente das institucións oficiais, e ao servizo da comunidade. A denominación debía ser claramente ferrolá, tanto para o colectivo como para a emisora.

Tras esa data no Ateneo Ferrolán, o proxecto de Rádio FilispiM participou en decembro no Foro Negro nunha mesa de traballo xunto a Piratona, A Kalimera e outros medios de contrainformación. Nun período de gran actividade contra-informativa en Galiza e o Estado, o colectivo realizaba unha asamblea tras outra. Debatía ideas, obxectivos e estatutos, organizou a asamblea de constitución dos principios de ReGARLIC (rede galega de radios libres e comunitarias) e formulaba iniciativas de recadación para adquirir o equipamento técnico. Entre as realizadas, a edición dun fancine, ciclos de cinema, festas varias, a confección e venda dun par de CDs compilatorios de grupos e solistas da comarca e, sobre de todo, un exitoso I Festival Conspirando por umha Rádio Livre na semana santa de 2004. Conseguidos os cartos, a emisora comeza emitir en probas desde o Ateneo Ferrolán, nun “metro cuadrado” rehabilitado no verán de 2005. "A nossa história facémola nós da
Matraca Perversa é a primeira canción que soa no 93.0 da FM o 27 de agosto de 2005.

Coa intención de ter presenza alén das ondas, comezan unhas sesión vermú que se manteñen na actualidade con periodicidade, teñen lugar varias edicións do festival Conspirando e últimamente a radio desprázase no Filispim Vai a diversos locais da comarca. E se falamos de desprazamentos, Rádio FilispiM viviu dúas mudanzas. No dial, móvese ao actual 93.9 da FM o 15 de decembro de 2006 pola “concesión legal” do 93.0 a unha radio privada. Na localización física, o inicio das obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán en xuño de 2015 fan necesario o cambio de local e, pasado o verán, as ondas filispinianas volven ao ar desde a súa actual localización na traseira do Mercado de Caranza.

Nestes 10 anos de existencia, moitas voces e propostas chegaron, participaron, resistiron, saíron e regresaron, sempre achegando novos folgos e pluralidade a esta experiencia. Rádio FilispiM segue aí, libre e comunitaria, chamando ao teu interese, á túa participación, á túa achega.

O Colectivo Opaii-Rádio FilispiM continúa cos actos de celebración do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM, libre e comunitaria que emite dende Ferrol.

Este xoves 10 de decembro, na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán (R/Madalena, 202-204), ás 20h., inauguramos a Exposición
"10 anos de historia filispiniana".




OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
E-mail: filispina@gmail.com

Direcçom Postal: 
Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
7 de dezembro de 2015 18:37

______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon