Feita esta convocatoria, as centrais sindicais CCOO, CIG e UGT, decidiron convocar para este mércores 16 de Marzo, ás 8 da tarde, unha concentración no mesmo lugar, na Praza Amada Garcia, para denunciar o mesmo Acordo entre executivos (xefes de Estado ou de Goberno da Unión Europea) e do Goberno Turco. O pacto é de momento provisional, e terá que ser aprobado no vindeiro encontro entre os membros da Unión Europea e Turquía. Mas o Acordo quedou fixado, e supón un importante revés, para millóns de persoas que están fuxindo da guerra de Siria, Iraque, Afganistán e de moitas zonas en permanente conflito bélico de África. Acordo cheo de prebendas e beneficios económicos para Turquía.
CONVOCATORIA URXENTE EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS
NON PERMITAMOS QUE A UNIÓN EUROPEA VIOLENTE DE FORMA INTOLERABLE OS DEREITOS HUMANOS
Manifestación en solidariedade coas persoas refuxiadas e inmigrantes da Unión Europea, o próximo sábado día 19 de Marzo ás 19:00hs dende a Praza de Amada García (Edificio da Xunta) en Ferrol.
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN súmase e apoia esta Concentración que se organiza en réxime de auto convocatoria, para:
1.- Denunciar o Acordo que a Unión Europea pretende asinar con Turquía e que contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración, entre outras razóns por:
- Establecer a posibilidade de facer deportacións colectivas de persoas, retrotraéndonos aos peores momentos da Historia de Europa do século XX.
- Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba.
2.- Esixir que o goberno español promova unha radical oposición a este Acordo entre os gobernos da UE. Esixir tamén que o propio Parlamento Europeo impida a aprobación do mesmo.
3.- Reclamar unhas políticas de refuxio e inmigración a nivel europeo e a nivel do Estado Español acordes coa legalidade internacional e baseadas no respecto aos dereitos humanos.
4.- Esixir unha Política exterior europea que promova solucións pacíficas e razoables dos conflitos que como o de Siria forzan a tantos millóns de persoas no Mundo a buscar protección e refuxio noutros territorios.
Evento no Facebook:
https://www.facebook.com/events/562158853959654/
__________
Convocatoria do Mércores 16 de Marzo
CONCENTRACIÓN CONTRA O ACORDO UE-TURQUÍA SOBRE @S REFUXIAD@S
Ferrol, na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).
OS SINDICATOS CIG, CCOO, E UGT, CONVOCAN PARA O MÉRCORES 16 DE MARZO, ÁS 20:00 H. DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA NA PRAZA AMADA GARCIA.
CONCENTRACIÓN EN CONTRA DO ACORDO UE-TURQUÍA, QUE AFECTA AS REFUXIADAS E REFUXIADOS,
UN ACORDO ILEGAL E INMORAL QUE ATENTA CONTRA OS DEREITOS HUMANOS.
FERROL, 14 DE MARZO DE 2016
________
De interese:
Reunión dos xefes de Estado ou de Goberno da UE con Turquía, 07.03.2016 | Páxina do Consello da Unión Europea. | Ir á Web.
Declaración dos xefes de Estado ou de Goberno da UE. | 08.03.2016 | Páxina do Consello da Unión Europea. | Ir á Web.
Reacción do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados ACNUR á Declaración dos Xefes de Estado da UE e do Goberno de Turquía de 7 de Marzo. | martes 08. marzo 2016 12:00 | Ir á Web.
_______________
2 comentarios
Os xefes de goberno e estado europeos,pretenden firmar o acordo entre o xoves e venres que é cando se xunta o Consello Europeo, polo que as mobilizacións están convocando-se en toda Europa para o 16 de Marzo.
Pensamos que é necesario confluír.
Organizacións sindicais, forzas políticas e movementos sociais súmase á xornada de mobilización europea o 16 de marzo con motivo do pre-acordo sobre persoas refuxiadas.
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/convocan-concentracions-rexeitamento-polo-acordo-ue-turquia/20160315120514045881.html
http://www.elconfidencial.com/ultima-hora-en-vivo/2016-03-15/llaman-a-la-movilizacion-contra-el-acuerdo-ue-turquia-que-tachan-de-ilegal_853932/
http://www.tercerainformacion.es/spip.php?article100485
------------
CONVIDAMOS A PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS EN SOLIDARIEDADE COAS PERSONAS REFUXIADAS EN EUROPA
A Coordinadora Local de Ferrolterra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES, convidamos a toda a cidadanía da comarca a sumarse á manifestación convocada polo Foro Galego de Inmigración-Coordinadora Ferrolterra para o sábado día 19 de marzo ás 19:00h, dende a Praza de Amada García (Edificio da Xunta) en Ferrol, para manifestar o rechazo ao acordo entre a UE e Turquía sobre as personas refuxiadas, así como amosar a nosa solidariedade coas mulleres e crianzas pola dobre violencia que supón ser refuxiada-muller e refuxiada na infancia.
Do mesmo xeito que apoiamos e apoiaremos todas as mobilizacións que neste sentido se leven a cabo, como a de mañá mércores ás 20:00h diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia.
"As mulleres decidimos"
Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon