Lídia Senra traslada á Comisión Europea a preocupación pola concesión mineira Isabela II. | AGEe vén de rexistrar unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión na que se solicita a súa valoración sobre a pretensión da Xunta. | Máis de 28.000 persoas que traballan nas comarcas do Xallas e Costa da Morte corren o risco de perder os seus postos de traballo.
Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), vén de rexistrar a través da súa eurodeputada Lídia Senra unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea trasladando a preocupación social pola concesión outorgada pola Xunta de Galicia á sociedade madrileña Grupo M-FM 2001, S.L[1], para proceder realizar prospeccións na procura de ouro en más de 46 quilómetros cadrados dos termos municipais de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco, na provincia de A Coruña (Proxecto Isabela II).
"É moi indignante que logo da importantísima mobilización social que logrou a paralización da mina de Corcoesto o Goberno de Feijoo veña agora con estas concesións", criticou Senra, "a propia Xunta de Galiza parece ter a vontade de dar pasos para devastar e contaminar o noso territorio e redundar no abandono do medio rural", lembrou en alusión ás máis de 28.000 persoas que traballan nestas comarcas do Xallas e Costa da Morte en actividades relacionadas co sector agrícola, forestal, silvícola, turístico e paisaxístico e que constitúen, segundo o propio Instituto Galego de Estadística (IGE), o principal motor da economía desta zona.
Tendo en conta que está prohibida calquera tipo de actuación incompatíbel cos valores ecolóxicos, históricos e culturais de cada zona, tras informar a Comisión do forte impacto social, ecolóxico e económico deste proxecto, solicitamos que valore se realmente é aceptábel dende o punto de vista da Unión Europea a realización destas prospeccións mineiras nestas comarcas.
Bruxelas, 1 de Marzo, de 2016
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).
lidia.senra@europarl.europa.eu
http://ageuropa.gal/
https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez
@LidiaSenra
[1] Concesión outorgada pola Xunta de Galicia á sociedade madrileña Grupo M-FM 2001, S.L | Ir á Web.
Pregunta da eurodiputada á Comisión:
Novo proxecto mineiro na Galiza | Acceder/Baixar. | En formato pdf.
Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
1 de março de 2016 16:54
______________
Enlace de interese relacionado:
ContraMINAcción
Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza
http://www.mineriagalicia.org/
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon