venres, abril 15, 2016

Concentración de repulsa da violencia machista, que neste caso acabou coa vida de Tatiana Vázquez Abuín, a concentración tivo lugar na Praza do Concello de Ferrol, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres que se mobilizou ao tempo en todas as cidades da Galiza - Vídeos.


A Coordenadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres realizou unha concentración ante un novo asasinato machista, unha acción de repulsa da violencia machista, que neste caso acabou coa vida de Tatiana Vázquez Abuín, a concentración tivo lugar na Praza do Concello, ás 8 da tarde, deste xoves 14 de Abril.

A Marcha Mundial das Mulleres chaman a que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato e denunciar a violencia contra as mulleres.

Así foi, pois por desgraza, unha vez máis, houbo que saír á rúa para amosar a indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Tatiana foi asasinada polo seu ex-compañeiro sentimental pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecen as mulleres polo feito de ser mulleres. Na concentración rexeitou-se este cruel asasinato e ao igual que se denunciou unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade. Reclamando unha resposta social contundente.

A Marcha denunciou a instrumentalización xenófoba e racista que se fai desde certos medios, ante o feito de que o asasino é de procedencia senegalesa, chamando a atención de que a violencia machista non ten cor de pel nin lugar de procedencia. Pode-se escoitar o comunicado nos seguintes vídeos, lido polas activistas feministas.


https://youtu.be/pRmpiavzaA4


https://youtu.be/LIhvwDX8Yb0


http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións oriéntanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan arredor da mundialización das solidariedades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecemento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon