mércores, abril 13, 2016

Un novo asasinato machista, fai que en Ferrol, como noutras cidades da Galiza, se convoque unha concentración de repulsa da violencia machista, que neste caso acabou coa vida de Tatiana Vázquez Abuin, a concentración terá lugar na Praza do Concello, ás 8 da Tarde, deste xoves 14 de Abril - Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato e denunciar a violencia contra as mulleres


A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE TATIANA VÁZQUEZ ABUÍN

Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Tatiana foi asasinada polo seu  ex-compañeiro sentimental pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade.

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista.

Non consentiremos que a violencia machista continúe asasinándonos!!!!
O XOVES 14 DE ABRIL, ÁS 20:00H NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL, DIANTE DO PAZO MUNICIPAL.

-- "As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.


Información baseada na enviada pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
13 de abril de 2016 11:27
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon