CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
VENRES 20 DE MAIO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA
VENRES 20 DE MAIO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA
Un novo buque cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, ten previsto a súa entrada na Ría de Ferrol para descargar en Reganosa. Un buque de grande porte con unha capacidade de carga de ducias de miles m³ de GNL (LNG). O buque entrará pola bocana da Ría e cruzará o
angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de
4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta
Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando
exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque destas
características, cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora
de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 210 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Este é o primeiro buque que entra na Ría, despois de que o Tribunal Supremo ditara a súa Terceira Sentenza firme contra Reganosa que anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegalsa).
Onte unha nova en "La Voz de Galicia" viña de novo a botar flores a un grande despropósito ilegal e corrupto, como é o de Reganosa, falaba-se dun proxecto coñecido, por reiterado neste xornal: "Ferrol, a la vanguardia del transporte marítimo sostenible", ademais dun verdadeiro faro, mente no de "transporte sostíbel", a non ser que entendan por sostibilidade algo diferente ao que é en realidade. Chaman-lle "transporte marítimo sostenible" a algo tan sorprendente como é que os buques utilicen de combustíbel o gas (GNL/LNG), como se este combustíbel, fora renovábel, non contaminara e non fora un máis dos chamados combustíbeis fósiles.
Son xa máis de dous anos coa mesma ladaíña. Pois foi a principios de 2014, que Reganosa anunciaba un novo despropósito contra a poboación que mora na contorna desta Ría. O negocio anunciado consiste nun dispositivo que traslade á boca da Ría o GNL como combustíbel. Un negocio de Reganosa, apoiado pola Xunta de Galicia, subsidiado con diñeiro público. Proxectan un HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa que fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxería colocada dentro da nosa Ría, será a construción dun surtidor de gas (gasolineira) na Ría de Ferrol, para buques que utilicen LNG/GNL como combustíbel. Este proxecto xa conta co apoio da Unión Europea, cun custe orzamentario millonario. Mais hai uns meses un dos principais socios de Reganosa, Gas Natural Fenosa, abandonaba o proxecto e a propia Reganosa, vendendo todas as súas accións. Aínda está sen explicar, e menos analizar, o porque o principal socio gasista de Reganosa abandona. Algo que nos venderon en positivo, como que Galiza se facía co controlo da planta, onde diñeiro público se invístese nunha planta de gas deficitaria, ilegal e perigosa. E xa non digamos a aposta de GADISA, que co seu novo investimento pon en perigo a viabilidade de miles de postos de traballo que xera o grupo noutras actividades, como na rama da distribución e comercio de alimentación.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este venres ás 8 da tarde (Novo Horario) en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Van catro anos, desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a primeira Sentenza firme polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia. E agora os pasado 28 de Marzo e 25 de Abril des 2016, dita-se a Segunda e Terceira sentenzas firmes do Tribunal Supremo contra o despropósito gasista de Reganosa, anulando a autorización previa de instalación e a autorización para a construción da mesma respectivamente.
Mugardos, ao fondo os tanque de Reganosa - Foto de Jorge Meis.
Van catro anos, desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a primeira Sentenza firme polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia. E agora os pasado 28 de Marzo e 25 de Abril des 2016, dita-se a Segunda e Terceira sentenzas firmes do Tribunal Supremo contra o despropósito gasista de Reganosa, anulando a autorización previa de instalación e a autorización para a construción da mesma respectivamente.
Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
- QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
- PECHE XA!!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
18 de maio de 2016 18:22
_______________
1 comentarios so far
LNG AKWA IBOM
LNG Tanker
IMO: 9262209
MMSI: 310453000
Call Sign: ZCDL9
Flag: Bermuda [BM]
AIS Type: Tanker
Gross Tonnage: 115993
Deadweight: 79633 t
Length Overall x Breadth Extreme: 288.74m × 48.06m
Year Built: 2004
Status: Active
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon