A Coordinación Galega de PAHs e STOPs, acordou somar-se ao Chamamento á sociedade civil, das compañeiras e compañeiros de Stop Desafiuzamentos Compostela, para mobilizar-se e acompañar a Patricia e ás súas fillas, vítimas da violencia machista e institucional, perante anos, que saltou á luz en Novembro de 2014, agora vai ter lugar o xuízo penal na Audiencia Provincial da Coruña, os días 6, 7 e 8 de Setembro contra o “presunto”, maltratador de Patricia e violador das súas tres fillastras e a súa filla, cando estas eran menores de idade. Un caso no que se xuntan pobreza enerxética, falta de alternativa habitacional, desatención pública e violencias machistas, non só contra unha muller senón tamén contra as súas fillas. Desde Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, integrante da Cordinación galega, tamén acordou secundar o chamado á mobilización e acompañamento.
DENUNCIA, PROTECCIÓN, XUSTIZA E REPARACIÓNCONCENTRACIÓN, POLA MAÑÁ, ÁS 8:45 HS. DO MARTES 6 DE SETEMBRO, NA PRAZA DIANTE DO EDIFICIO DA AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA. O XUÍZO ESTÁ PREVISTO QUE TEÑA LUGAR, ÁS 9 DA MAÑÁ NO XULGADO DO PENAL Nº1 (OS DÍAS 6, 7 E 8 DE SETEMBRO DE 2016).
Acompañamos a Patricia e ás súas fillas á Audiencia Provincial
Stop Desafiuzamentos Compostela acompaña a Patricia e as súas fillas no xuízo contra o “presunto” maltratador e violador das fillas menores.
Os días 6, 7 e 8 de setembro celebrarase na Coruña o xuízo contra o “presunto” violador das súas tres fillastras e a súa filla cando estas eran menores de idade.
Pedro Rañó Espasandín, natural da parroquia de Alón (Santa Comba) e residente na Baña, está acusado de violación continuada sobre a súa filla e as súas tres fillastras durante nove anos, así como de maltrato continuado contra a súa parella, Patricia, nai das catro menores. Atópase en prisión preventiva desde novembro de 2014.
Desde Stop Desafiuzamentos Compostela pedímoslle á sociedade que acompañe estas mulleres e nenas os días 6, 7 e 8 de setembro durante o xuízo que se celebrará na Audiencia Provincial da Coruña (r/ Capitán Juan Varela). | Mapa.
Patricia e as súas fillas terán que enfrontarse agora ao xuízo, terán que narrar o inferno en que viviron, e unhas persoas alí presentes xulgarán o responsable último desa situación, o acusado. Pero ninguén xulgará os que o apoian e alentan, os que miraron para outro lado e non fixeron nada. Ninguén dirá nada das institucións garantes dos nosos dereitos que non fixeron os deberes, que deixaron a Patricia e as súas fillas desprotexidas porque, no fondo, pensan que algo farían.
Patricia e as súas fillas non se enfrontan só a este xuízo, teñen sobre a súa cabeza a espada de Damocles do desafiuzamento da súa vivenda; Patricia ten sobre a súa cabeza a exclusión social que supón vivir e manter a súa familia con 426 euros; ten sobre a súa cabeza o estigma social dun pobo que non entende por que non aguantou un pouco máis... e nós pensamos que é moito peso para unha soa cabeza. Bankia iniciou o proceso de execución hipotecaria, proceso que non se paralizou porque o cotitular da hipoteca é o “presunto”, que tería que asinar a solicitude do código de boas prácticas e aceptar a demanda de Patricia de dación en pago e oferta de vivenda social. Pero, claro, o “presunto” está en prisión e non vai asinar nada. E, en palabras da responsable de Bankia, NON se pode facer nada.
Violencia dun suxeito, violencia dunha veciñanza que mira para outro lado, violencia dunhas institucións que aparentemente lles garanten ás mulleres vítimas unha vida normalizada tras a denuncia e, na realidade, empúrranas ao enrevesado mundo do papelorio, do volva vostede mañá, do fáltalle este requisito…, violencia dun banco, violencia do noso silencio.
Desde Stop Desafiuzamentos Compostela pedímoslle á sociedade civil, a esa parte que non quere ser partícipe ni cómplice desta situación, que se mobilice, que se sume, que faga oír a súa voz, que nos acompañe para que elas saiban que non están soas.
Algúns medios informando dos feitos:
Prisión provisional para o home acusado de violar aos seus tres hijastras e a súa filla. | O xuíz atribúelle tres delitos de agresión sexual mentres segue a instrución. | La Voz de Galicia. | Xurxo Melchor. | Santiago 28 de novembro de 2014 17:53 | Ir á Web.
Detido por violar a tres hijastras e á súa filla menor durante oito anos. | As vítimas confesaron os abusos á súa nai cando rompeu co home, natural de Santa Comba, ao que denunciara por maltrato. | Xurxo Melchor. Santiago / La Voz de Galicia. 28 de Novembro de 2014 08:44. | Ir á Web.
A Fiscalía pide 67 anos de cárcere para o home acusado de violar á súa filla e a tres hijastras. | A nai, veciña da Baña, descubriu as agresións tras botar de casa ao seu marido por sufrir maltratos. | xurxo melchorsantiago / La Voz de Galicia, 10 de Maio de 2016. Actualizado ás 05:00 h. | Ir á Web.
Denuncian o desahucio para unha familia bañesa agredida. | A nai, co marido xa entre rejas, asume unha hipoteca e a manutención de seis acodes, segundo Stop Desafiuzamentos. | O.D. VILLAR A BAÑA El Correo Gallego. | 15.05.2016 | Ir á Web.
Stop Desahucios Compostela denuncia un novo caso dunha vítima de violencia de xénero. | Kaos en La Red. Por Stop Desahucios - Compostela. | Stop Desafiuzamentos Compostela envía denuncia para visualizar un novo caso, esta vez nunha vítima de violencia de xénero. Muller nai de catro fillas violadas polo seu marido ao que o fiscal pide 67 anos de cárcere. Resaltan que é un caso no que se xuntan pobreza enerxética, falta de alternativa habitacional, desatención pública e violencia de xénero non só contra unha muller senón tamén contra as súas fillas. 11 de Maio de 2016 | Ir á Web.
Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1673896709604554/
Stop Desafiuzamentos Compostela
https://www.facebook.com/StopDesahuciosCompostela/
stopdesahucioscompostela@gmail.com
Compostela, a 31 de Agosto de 2016
---
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon